Osman I
Osman I (en turco: Sultan Osman Gazi; Osman é unha deformación do árabe: عُثمَان `uθmān, `Uthman; en turco: gazi, "triunfador, combatente da fe"), nado nun lugar descoñecido[1] e finado en Bursa en 1323 ou 1324,[2] foi o líder dos osmanlís ou otománs, a dinastía que estableceu e gobernou o Imperio Otomán. Era fillo de Ertuğrul e sucedeuno en 1281. Osman aproveitou a debilidade dos imperios selxúcida e bizantino para establecer e fortalecer o seu emirato.
Nome orixinal | (ota) عُثمان غازى |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1258 Söğüt, Turquía (pt) |
Morte | xuño de 1326 (67/68 anos) Söğüt, Turquía (pt) |
Lugar de sepultura | Bursa |
1º Sultán do Imperio Otomán | |
27 de setembro de 1299 – 21 de agosto de 1324 – Orhan I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | Bey |
Familia | |
Familia | Dinastia Otomana (pt) |
Cónxuxe | Rabia Bala Hatun Mal hatun |
Fillos | Alaeddin Pasha () Rabia Bala Hatun Orhan I () Mal hatun Fatma Hatun () |
Pais | Ertuğrul e Halime Hatun |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Othman I., Osman I. New Encyclopedic Dictionary (en) |
Debido á escaseza de fontes históricas contemporáneas á súa vida, existe pouca información real sobre el. Non se conserva escrito ningún do seu reinado.[3] Os otománs non rexistraron a historia da vida de Osman ata o século XV, máis de cen anos despois da súa morte.[4] A causa disto, é complexo para os historiadores diferenciar entre realidade e mito na maioría das historias que se contan del.[5] Algún historiador mesmo chegou a declarar a tarefa imposible, describindo o período da vida de Osman como un "buraco negro".[6]
Nome
editarAlgúns estudosos consideran que o nome orixinal de Osman sería turco, probablemente Atman ou Ataman, e logo sería cambiado a ʿOsmān, de orixe árabe. As primeiras fontes bizantinas, incluíndo o seu contemporáneo Xurxo Pachymeres, deletrean o seu nome como Ατουμάν (Atouman) ou Ατμάν (Atman), mentres que as fontes gregas reproducen a forma árabe ʿUthmān e a súa versión turca ʿOsmān con θ, τθ ou τσ. Unha fonte árabe temperá que o menciona escribe nun lugar ط en vez de ث. Osman puido adoptar un nome musulmán máis prestixioso durante a súa vida.[7]
Traxectoria
editarO seu pai, Ertoğrül, levou a súa tribo (Kayi) da Asia Central ata Anatolia, fuxindo da persecución dos mongois. Co auspicio dos selxúcidas de Rüm fundou un lugar coñecido como Söğüt, na área noroccidental da antiga Frixia. O lugar resultou ser moi favorable, pois en occidente o poderoso Imperio Bizantino experimentaba graves problemas políticos, mentres que as forzas musulmás en Oriente se fragmentaban ante a agresión dos mongois: en 1258 Bagdad foi saqueada por Hulagu, primeiro il-khan mongol de Irán.
En 1281 Osman foi declarado bey da cidade de Söğüt polo seu pai, e contra 1288 sucedeuno na xefatura da tribo. En 1290 proclamouse máis autónomo dos turcos selxúcidas, de quen era vasalo, e tomou o título de bey. Ata 1300 dedicouse a atacar os seus veciños e capturar as súas fortalezas. Axudado por guerreiros musulmáns, na súa maioría turcománs (desarraigados das súas terras de pastoreo polos mongois e atraídos polo botín resultante das incursións a territorio bizantino), estendeu o seu estado cara ao noroeste de Asia Menor, a expensas dos señoríos cristiáns e dos principados turcománs veciños.
Despois da conquista do castelo de Bilecik (1299), o Sultán selxúcida de Rüm, Kaikubad III, remitiu un estandarte e un tambor en recoñecemento. Comezou a ser coñecido como Kara Osman Bey.[8] No territorio (aínda exiguo) que controlaba, as pregarias dos venres dicíanse no seu nome. A partir de 1299 cuñou moeda, nomeou visir o seu fillo Ala al-Din Ali e impuxo un imposto de capitación (imposto persoal), contrario á ortodoxia musulmá. Para a recadación deste imposto, fixo cuñar unha moeda de prata chamada akçe, a imitación das que cuñaban os emperadores gregos de Trebisonda.
Non obstante, o verdadeiro nacemento do Imperio pode atribuírse á conquista da cidade de Eskişehir (en turco "Cidade Vella") en 1301–1303. En 1302 derrotou os bizantinos do emperador Andrónico II Paleólogo na batalla de Bafea. Despois da batalla, os turcos capturaron unha serie de pequenos fortes. Coa caída do último destes fortes bizantinos, Yenişehir ("Cidade Nova"), os turcos quedaron en posición de pór sitio ás grandes cidades bizantinas de Bitinia: Nicomedia, Prusa e Nicea, devastando todo o territorio que se atopaba arredor de ditas cidades. A consecuente e rápida toma destas cidades viuse impedida momentaneamente pola falta de forzas e de equipos de asedio que adoecían os turcos. Como consecuencia desta devastación, miles de refuxiados marcharon cara a Constantinopla, no oeste.
Nesa época, os bizantinos seica recoñeceron os otománs como os seus máis perigosos veciños en Anatolia, como testifican os esforzos do emperador Andrónico II para provocar ao ilkanato un ataque directo contra eles. Finalmente chegou a un acordo co il-kan Öljeitü, quen enviou un exército a Bitinia en 1307. Este exército mongol conseguiu escasos resultados, salvo o de aguilloar aínda máis a Osman, e trala partida da Compañía Catalá non houbo resistencia organizada dos bizantinos fronte aos otománs, nin fronte aos outros emiratos turcománs ghazidel sur. Ao fracasar o ilkanato no seu intento de establecer un control sobre o sector occidental do antigo sultanato selxúcida de Rüm, os otománs quedaron libres para avanzar a expensas dos bizantinos, mentres que os emiratos turcománs máis orientais se viron obrigados a fornecer aos seus amos mongois de Persia homes e diñeiro como tributo.
En 1317 cedeu o mando do exército ao seu fillo Orhan asegurando deste xeito a sucesión.
En 1326, caeron as cidades de Prusa e Nicea ante as forzas de Orhan. Prusa, rebautizada polos turcos Bursa, foi a nova capital do imperio trala súa caída e a subseguinte entrada a ela de Osman, despois de oito anos de asedio a esta cidade.
Osman morreu ao pouco tempo en Bursa dunha crise de gota. Á súa morte, o imperio tiña unha extensión de 16 000 km². Os seus sucesores déronlle o título póstumo de Gazi; cando un novo sultán ascendía, o pobo clamaba: "Que sexa tan grande como Osman".
Familia
editarTivo dúas esposas (Malhun Hatun, filla de Omer Bey, do clan Kayı, e Rabi'a Bala Hatun,[9] filla do xeque sufí Edebali), unha filla (Fátima, 1284-1347) e sete fillos varóns:[10]
- Orhan Bey (1281 - 1362), fillo de Malhun Hatun e bei co nome de Orhan I Gazi;
- Alaaddin Bey (1282 - 1331), fillo de Rabi'a Bala Hatun;
- Pazarli Bey (1285 - 1311);
- Çoban Bey (1283 - 1337);
- Hamid Bey (1288 - 1329);
- Melik Bey (1290 - 1366);
- Savcı Bey (1294 - 1325);
- Şehzade Ertuğrul (1300 - ?).
Honras
editarA ponte Osman Gazi, inaugurada en 2016, que cruza o golfo de Ízmit e é a cuarta ponte colgante máis longa do mundo, leva o seu nome.
Predecesor: Ertugrul |
Bey otomán 1281 - 1326 |
Sucesor: Orhan I |
Notas
editar- ↑ Kermeli, Eugenia (2009). "Osman I". En Ágoston, Gábor; Bruce Masters. Encyclopedia of the Ottoman Empire. p. 444.
Reliable information regarding Osman is scarce. His birth date is unknown and his symbolic significance as the father of the dynasty has encouraged the development of mythic tales regarding the ruler’s life and origins, however, historians agree that before 1300, Osman was simply one among a number of Turkoman tribal leaders operating in the Sakarya region.
- ↑ Kafadar, Cemal (1995). Between Two Worlds: The Construction of the Ottoman State. p. 16.
By the time of Osman's death (1323 or 1324)...
- ↑ Kafadar, Cemal (1995). Between Two Worlds: The Construction of the Ottoman State. p. xii.
There is still not one authentic written document known from the time of ʿOsmān, and there are not many from the fourteenth century altogether.
- ↑ Kafadar, Cemal (1995). Between Two Worlds: The Construction of the Ottoman State. p. 93.
- ↑ Finkel, Caroline (2005). Osman's Dream: The Story of the Ottoman Empire, 1300-1923. Basic Books. p. 6. ISBN 978-0-465-02396-7.
Modern historians attempt to sift historical fact from the myths contained in the later stories in which the Ottoman chroniclers accounted for the origins of the dynasty
- ↑ Imber, Colin (1991). Elizabeth Zachariadou, ed. The Ottoman Emirate (1300-1389). Rethymnon: Crete University Press. p. 75.
Almost all the traditional tales about Osman Gazi are fictitious. The best thing a modern historian can do is to admit frankly that the earliest history of the Ottomans is a black hole. Any attempt to fill this hole will result simply in more fables.
- ↑ Kafadar, Cemal (1995). Between Two Worlds: The Construction of the Ottoman State. p. 124.
- ↑ En turco, kara significa "negro"
- ↑ Duducu, Jem (2018-01-15). The Sultans: The Rise and Fall of the Ottoman Rulers and Their World: A 600-Year History (en inglés). Amberley Publishing. ISBN 9781445668611.
- ↑ Lowry, Heath (2003). The Nature of the Early Ottoman State. SUNY Press. pp. 73.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osman I |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Bibliografía
editar- Finkel, Caroline (2005). Osman's Dream: The Story of the Ottoman Empire, 1300-1923. Nova York: Basic Books. ISBN 978-0-465-02396-7.
- Fleet, Kate (2010). "The rise of the Ottomans". En Maribel Fierro. The New Cambridge History of Islam 2. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 313–331. ISBN 978-0-521-83957-0.
- Imber, Colin (1987). "The Ottoman Dynastic Myth". Turcica 19: 7–27.
- Imber, Colin (2009). The Ottoman Empire, 1300-1650: The Structure of Power (2 ed.). New York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-230-57451-9.
- Kafadar, Cemal (1995). Between Two Worlds: The Construction of the Ottoman State. Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-20600-7.
- Kermeli, Eugenia (2009). "Osman I". En Ágoston, Gábor; Bruce Masters. Encyclopedia of the Ottoman Empire. Nova York: Facts on File. pp. 444–6. ISBN 978-0-8160-6259-1.
- Lindner, Rudi P. (1983). Nomads and Ottomans in Medieval Anatolia. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-933070-12-8.
- Lowry, Heath (2003). The Nature of the Early Ottoman State. Albany: SUNY Press. ISBN 0-7914-5636-6.
- Murphey, Rhoads (2008). Exploring Ottoman Sovereignty: Tradition, Image, and Practice in the Ottoman Imperial Household, 1400-1800. Londres: Continuum. ISBN 978-1-84725-220-3.
- Zachariadou, Elizabeth, ed. (1991). The Ottoman Emirate (1300-1389). Rethymnon: Crete University Press.