Olkhon
Olkhon (ruso: 'Ольхо́н', tamén transliterado como Olchon) é a cuarta illa lacustre máis grande do mundo. É de lonxe a illa máis grande do Lago Baikal na Siberia oriental, cunha superficie de 730 km². Estruturalmente, actúa como a marxe ao suroeste do cantil Academician. A illa mide 71´5 km de longo e 14 km. de largo.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Olkhonsky District, Rusia (en) | ||||
Localización | Lago Baikal | ||||
| |||||
Bañado por | Lago Baikal | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.274 m | ||||
Dimensións | 21 () × 72 () km | ||||
Superficie | 730 km² | ||||
Hai dúas versións con respecto á orixe do nome da illa e ambas se derivan do idioma dos Buriatos, os pobos indíxenas de Olkhon. A primeira é que o nome da illa provén da palabra oyhon - "leñoso", e a segunda é que provén de olhan - "seco".[1] Aínda se discute cal dos dous é a orixe real do nome Olkhon xa que ambas palabras describen perfectamente a illa. Gran parte da illa aínda está cuberta por bosques e a cantidade de precipitacións é extremadamente baixa, ao redor de 240 mm por ano.
Xeografía
editarOlkhon ten unha combinación agreste do terreo e é rica en sinais arqueolóxicas. O monte Zhima é o punto máis alto da illa, alcanzando un máximo de 818 m. por encima do nivel da auga do lago Baikal. A illa é o suficientemente grande como para ter os seus propios lagos, e presenta unha combinación de taiga, estepa e ata un pequeno deserto. Un profundo estreito separa a illa da terra.
O aspecto da illa é o resultado de millóns de anos de movemento tectónico que resultou no ahuecamento da canle entre a terra (Estreito Maloe More e estreito Olkhon Gate) e o bloque de pedra que forma a illa. As empinadas pendentes das montañas mostran o alzamento vertical da terra.[2]
Poboación
editarA poboación da illa é menos de 1.500 habitantes e son principalmente Buriatos, os aborixes da illa.[3]
Hai varios asentamentos e cinco aldeas na illa: Yalga, Malomorets, Khuzhir, Kharantsy, e Ulan-Khushin. O pobo de Khuzhir é a capital administrativa de Olkhon, designado como tal en abril de 1987 cando o goberno soviético emitiu un decreto integral que protexe o lago Baikal. Khuzhir é o fogar de preto de 1.200 residentes e conta cun museo da natureza e a historia local.[4]
Economía
editarA maioría dos residentes son mariñeiros, agricultores ou gandeiros. Debido a un número crecente de turistas de todo o mundo, moitos residentes traballan neste sector tamén, e o turismo converteuse nunha parte importante da economía en Olkhon.
Cultura
editarOs indíxenas buriatos, seguidores do xamanismo, cren que a illa é un lugar espiritual, un dos grupos de divindades reverenciadas no xamanismo amarelo de Buryati é chamado oikony noyod, os "trece señores de Olkhon".[5]
Na costa occidental, preto de Khuzhir, atópase a paraxe máis famosa do Baikal, o Shamanka, ou roca do Xamán. Os nativos cren que Burkhan, unha figura moderna do culto relixioso dos pobos altaicos, vive nunha cova nesta roca. A roca é un dos nove lugares máis sagrados en Asia. Olkhon é considerado un centro da cultura Kurumchinskay dos séculos VI a X.
O museo de Olkhon, chamado Revyakin, ten exposicións sobre a natureza e a etnografía da illa, incluíndo pipas e unha colección de samovares.
Historia
editarA illa ten unha longa historia de ocupación humana. Os pobos indíxenas orixinais eran os Kurykans, os antepasados de dous grupos étnicos: os Buriatos e os Yakuts.
Os exploradores rusos visitárona por primeira vez durante o século XVII.[4]
Lenda
editarNos mitos e lendas buriatas, Olkhon é un lugar poboado polos terribles espíritos do Baikal. Segundo as lendas o khan Xoto Babai (Хото Бабай) descendeu do ceo na illa de Olkhon, enviado á terra polos deuses superiores, onde o viviu baixo o aspecto dunha aguia real coa cabeza branca. O seu fillo o khan xubu Noion (Хубуу Нойон) foi o primeiro home que se converteu en xamán. Por ese motivo, a illa de Olkhon é considerada como o centro sagrado do mundo dos xamáns do norte, e o centro supremo é representado pola roca do Xamán. Os corpos dos xamáns incinerábanse aquí en tempos anteriores.
Galería
editar-
A propia natureza gravou a figura do dragón sobre a roca do Xamán.
-
Roca do Xamán.
-
Roca do Xamán.
-
Cabo setentrional da illa.
-
Vista da illa.
-
Vertedoiro ilegal na illa. Os vertedoiros descontrolados é un dos problemas ecolóxicos da illa.
-
A talla ilegal de árbores é outro dos problemas ecolóxicos da illa.
Notas
editar- ↑ "Olkhon Island in Lake Baikal, Siberia/Russia". Siberian Wonders. Consultado o 2014-09-25.
- ↑ baikal.eastsib.re (ed.). "Olkhon Island". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2006. Consultado o 10 de decembro do 2017.
- ↑ "Greenpeace Russia". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 "Olkhon island". irkutsk.org. Consultado o 2006-10-22.
- ↑ Shimamura, Ippei (2004). "Yellow Shamans (Mongolia)". En Walter, Mariko Namba; Neumann Fridman, Eva Jane. Copia arquivada. Shamanism: An Encyclopedia of World Beliefs, Practices, and Culture 1. ABC-CLIO. pp. 649–651. ISBN 9781576076453. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olkhon |