O graduado
O graduado (en inglés: The Graduate) é un filme estadounidense dirixido por Mike Nichols[3] que se estreou en 1967. Baséase na novela homónima de Charles Webb. Gañou un Oscar ó mellor director, e obtivo seis nomeamentos. En 1996, a película foi considerada «cultural, histórica e esteticamente significativa» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.[4]
O graduado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Graduate |
Director | Mike Nichols |
Produtor | Joseph E. Levine Lawrence Turman |
Guión | Calder Willingham Buck Henry |
Baseado en | The Graduate de Charles Webb |
Intérpretes | Anne Bancroft Dustin Hoffman Katharine Ross William Daniels Murray Hamilton Elizabeth Wilson |
Música | Dave Grusin Paul Simon |
Fotografía | Robert Surtees |
Montaxe | Sam O'Steen |
Distribuidora | Embassy Pictures (EUA) United Artists (non-EUA) |
Estrea | 22 de decembro de 1967 30 de abril de 1991 (TVG) |
Duración | 105 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $3 000 000 |
Recadación | 104 900 000[2] |
Na rede | |
http://www.mgm.com/#/our-titles/772/The-Graduate/ | |
Sinopse
editarBenjamin (Dustin Hoffman) acaba de graduarse da universidade e volve a casa a pasar unhas vacacións. O matrimonio Robinson, amigos dos seus pais de hai anos, interésase por el. O marido quere que saia coa súa filla Elaine (Katharine Ross), mentres que a súa esposa, a señora Robinson (Anne Bancroft) desexa ter relacións sexuais con el.
Logo de atoparse varias veces coa señora Robinson, quen lle prohibe ver a súa filla, Benjamin namórase de Elaine. Cando todo sae á luz, Benjamin atópase só e abandonado. Aínda así, loita para ver a Elaine e expresarlle os seus sentimentos.
Personaxes
editar- Anne Bancroft como Mrs. Robinson
- Dustin Hoffman como Benjamin Braddock
- Katharine Ross como Elaine Robinson
- William Daniels como Mr. Braddock
- Murray Hamilton como Mr. Robinson
- Elizabeth Wilson como Mrs. Braddock
- Buck Henry como Empregado do Hotel
- Walter Brooke como Mr. McGuire
- Brian Avery como Carl Smith
- Norman Fell como Mr. McCleery
- Marion Lorne como Home da festa
- Alice Ghostley como Home da festa
Banda sonora
editarA banda sonora desta película está formada por cancións do dúo Simon and Garfunkel e foron compostas por Paul Simon. A maioría das cancións xa foran publicadas anteriormente, agás o éxito "Mrs. Robinson" que foi escrito para a película.
Galardóns e nomeamentos
editar- 1967: Oscar ó mellor director. 6 nomeamentos.
- 1967: BAFTA: Mellor filme.
- 1967: Globo de Ouro: Mellor filme: Comedia ou Musical.
Notas
editar- ↑ United Artists, ed. (1 de xullo de 1970). "THE GRADUATE (AA)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ "The Graduate, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ Kaplan, Mike (1983). Variety's Film Reviews (1964-1967) (en inglés) XI. Education-Garla. p. 6. ISBN 978-0824052102.
- ↑ "U.S. National Film Registry -- Titles". Arquivado dende o orixinal o 13-05-2017. Consultado o 01-06-2017.
- ↑ "Televisión - Viernes 30". ABC. 30 de abril de 1991. Consultado o 16 de setembro de 1991.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O graduado na IMDb (en inglés).