Northwest Airlines
Northwest Airlines Corp., normalmente abreviado como NWA, foi unha gran aeroliña estadounidense fundada en 1926 e absorbida por Delta Air Lines tras unha fusión. Aprobada o 29 de outubro de 2008, a fusión converteu a Delta na aeroliña máis grande do mundo ata a unión American Airlines e US Airways o 9 de decembro de 2013.[1][2] Northwest continuou operando co seu nome ata que a integración das aeroliñas foi completada o 31 de xaneiro de 2010.
Northwest Airlines | ||
---|---|---|
IATA NW | OACI NWA | Indicativo NORTHWEST |
Fundación | 1926 como Northwest Airways | |
Inicio das operacións | 1934 | |
Fin das operacións | 30 de xaneiro de 2010 | |
Plan de voo frecuente | WorldPerks | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 320 no momento da fusión | |
Destinos | 254 | |
Holding | Delta Air Lines |
Northwest tiña a súa sede en Eagan, Minnesota, preto do aeroporto de Minneapolis/Saint Paul. Despois da segunda guerra mundial fíxose dominante no mercado transpacífico cun centro de conexións en Tokyo (inicialmente no aeroporto de Haneda e posteriormente no de Narita). Despois de mercar Republic Airlines en 1986, Northwest tamén estableceu grandes centros de conexións no aeroporto de Detroit e no aeroporto de Memphis. En 1993 iniciou unha alianza estratéxica con KLM coa que tiña un centro de conexións coordinado conxuntamente no aeroporto de Ámsterdam. As operacións de Detroit e Minneapolis quedaron como centros de conexións de Delta. Porén, as operacións de Memphis chegaron a máis de 300 por día antes da fusión.
Antes de unirse a Delta, Northwest era a sexta aeroliña máis grande do mundo en termos de millas voadas en voos regulares de pasaxeiros domésticos e internacionais, e a sexta máis grande dos Estados Unidos en millas por pasaxeiro en voos domésticos. Ademais de operar unha das redes domésticas máis grandes dos Estados Unidos, Northwest levaba a máis pasaxeiros a través do océano Pacífico (5,1 millóns en 2004) que calquera outra aeroliña estadounidense, e levou máis carga doméstica que outra aeroliña de pasaxeiros do país.
Os voos rexionais para Northwest eran operados co nome Northwest Airlink por Mesaba Airlines, Pinnacle Airlines e Compass Airlines. Northwest Airlines tiá unha parte minoritaria de Midwest Airlines, mantendo o 40% das accións da compañía.[3]
Notas
editar- ↑ Northwest Airlines (ed.). "Carta de Northwest Airlines". Archived from the original on 17 de abril de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ The Wall Street Journal (ed.). "American Airlines, US Airways Complete Merger". Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ "Midwest Air Group Board Executes Definitive Merger Agreement With TPG Capital". Midwest Airlines. Archived from the original on 20 de decembro de 2008. Consultado o 2018-11-28.