Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Neurociencia

estudo científico do sistema nervioso

A neurociencia (tamén en plural, neurociencias) é o estudo científico do sistema nervioso. É a rama das ciencias que estudia a embrioloxía, a anatomía, a fisioloxía, a bioquímica, a farmacoloxía, etc., do sistema nervioso.[1]

Gravado de Santiago Ramón y Cajal (1899) de neuronas (célula de Purkinje) no cerebelo dunha pomba.

O sistema nervioso está formado por miles de millóns de neuronas conectadas entre si e con outros sistemas do corpo. O sistema nervioso central inclúe o cerebro, a medula espiñal e a retina.[2] Está conectado co resto do corpo a través do sistema nervioso periférico.

Ás veces, o termo é empregado como sinónimo de neurobioloxía, a rama da bioloxía que investiga todos os aspectos do cerebro e do sistema nervioso.[3][4] Algúns científicos distinguen o termo neurociencias do mundo anglófono (neuroscience) usado máis como sinónimo de neurobioloxía (neurobiology)[5] e o empregado en Iberoamérica,[6] existindo certa controversia coa terminoloxía de raíz similar (por exemplo psiquism/psiquismo).[7]

Temas de investigación

editar

A investigación en neurociencia é esencialmente interdisciplinar e transdisciplinar, e céntrase nun conxunto de temas e preguntas.

  1. "bUSCatermos; neurociencias". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-09. 
  2. Purves, Dale; Williams, S. Mark (2001). Neuroscience (en English). Sunderland,Mass.: Sinauer Associates. ISBN 978-0-87893-742-4. OCLC 44627256. 
  3. "¿Cuál es la diferencia entre neurociencia, neurobiología, neuroingeniería y neuropsicología?". La tecnología cambia la vida futura – Gobetech.com (en inglés). Consultado o 2022-07-09. 
  4. "bUSCatermos; neurobioloxía". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-09. 
  5. "Neuroscience : Neurobiology -BS". www.artsci.uc.edu/interdisciplinary-studies/neuroscience. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  6. "Diferencias entre neurociencias anglófonas y neurobiología iberoamericana: del desencuentro a la comprensión". www.researchgate.net ; CROCO, Mario (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  7. Florido, Antonio (2017-09-04). "Diferencias entre neurociencias anglófonas y neurobiología iberoamericana, Viñeta 4: Diferencias acerca del concepto objetivo de psiquismo". El Acento (en castelán). Consultado o 2022-07-09. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar