Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Monterrei, México

(Redirección desde «Monterrey»)

Monterrei,[1][2] oficialmente Monterrey, é unha importante cidade da República Mexicana, dentro da terceira área metropolitana máis grande do país e a novena cidade en tamaño,[3][4] capital do estado de Nuevo León, no nordeste do país[5] (540 m de altitude),[6] e a uns oitocentos quilómetros ao norte do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.135.550 habitantes (2010).[7]

Modelo:Xeografía políticaMonterrei, México
Monterrey (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeLa Sultana del Norte, La capital industrial de México e La Ciudad de las Montañas Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 25°41′04″N 100°19′05″O / 25.6844, -100.3181
EstadoMéxico
Estado federadoNuevo León
ConcelloMonterrey Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.142.952 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.178,67 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaRegião Metropolitana de Monterrei (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:5.341.171) Editar o valor en Wikidata
Superficie969,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude546 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorDiego de Montemayor Editar o valor en Wikidata
Creación20 de setembro de 1596 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoAdrián de la Garza (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal64000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico81 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Arequipa
Seraing (pt) Traducir
Porto Editar o valor en Wikidata../... 44+

Páxina webmonterrey.gob.mx Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453077

No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural ao norte do país.

Historia

editar

Caso frecuente nas fundacións coloniais españolas, a historia de Monterrei tivo varios intentos previos errados. En 1577 houbo un primeiro asentamento xunto aos Ojos de Agua de Sta. Lucía, un manancial ao pé do somonte setentrional da Serra Madre Oriental mexicana, que polo mesmo recibiu o nome de lugar de Santa Lucía.

 
Mapa militar esquemático do s.XIX coa situación xeográfica de Monterrei entre os Ollos de Auga ao norte e o río Santa Catarina ao sur, o Cerro das Mitras ao oeste e o da Silla ao sueste.

Cinco anos máis tarde, en 1582 e na mesma localización, tivo lugar unha segunda fundación co nome de Villa de San Luis Rey de Francia. Ambas remataron despoboadas en pouco tempo polos constantes e violentos enfrontamentos cos indíxenas.

Non foi ata 1596 que Diego de Montemayor fundou, cunha ducia de familias e coma capital do Novo Reino de León, a Ciudad Metropolitana de Nuestra Señora de Monterrey (rentes tamén dos varios regos que conformaban o regato de Santa Lucía). Precisamente un asolagamento que destruíu o asentamento en 1611 obrigou ó seu traslado a un lugar máis alto, cara ao sur e preto do curso do río de Santa Catarina (así e todo houbo novas e frecuentes inundacións na historia da vila). Arredor da Praza Principal ou Maior (Praza Zaragoza) onde se erixiu a primitiva igrexa, despois catedral, xurdiu definitivamente o centro da vila ata hoxe [8][9].

Séculos XVII e XVIII

editar

A súa posición excéntrica de fronteira e a ausencia de minerais, asemade a constante sangría de poboación que supuña a colonización do inmenso nordés (3.000 hab. en 1746 e só 600 hab. en 1754), fixeron que Monterrei ficara unha pequena vila ata fins do século XVIII, cando co gallo do establecemento do bispado (1779) comezou un desenvolvemento estable (7.000 hab. en 1802) e foron erixidas as primeiras edificacións de relevo: a catedral, o pazo do bispado ao oeste no outeiro epónimo (Loma Chepe Vera),[10][11] algúns conventos (franciscano de San Andrés ao suroeste da Praza dende 1626, San Francisco Xavier dos xesuítas en 1702) e a casa do gobernador. O que foran currais nunha cuadra pegada polo oeste á Praza Zaragoza rematou converténdose na Praza do Mercado (hoxe Hidalgo).

O proxecto da Ciudad Nueva

editar

Foi o primeiro bispo residente, Andrés A. de Llanos, quen chamou ao arquitecto Juan Crouset en 1794 para deseñar o proxecto da primeira ampliación da vila (asemade ó dunha nova catedral). Tratábase de feito do plan para unha nova cidade, trasladada aos terreos máis a salvo de inundacións do norte do arroio de Sta. Lucía. Ordenado en rigorosa retícula con prazas centrais (coa nova gran catedral coma foco) e angulares contiña os edificios representativos que correspondían a unha capital da época.[12][13]

Interrompido polo novo gobernador militar non foron realizados máis que algúns edificios (Hospital de Pobres), pero sería retomado décadas despois e nas futuras expansións da urbe.[14][15]

Os Repuebles

editar

Despois da independencia (1811), Monterrei foi nomeada capital do estado federado de Nuevo León (1824). Tras un primeiro intento de elaborar o ensanche da cidade seguindo o plan de Crouset (W. Still, 1842[16]), en 1864 Isidoro Epstein leva a cabo a proposta de repueble,[17] estendendo mesmo a idea orixinaria pero perdendo a súa singularidade nunha malla anódina. Unicamente a Alameda sinálase coma elemento configurador e no lugar no que se iniciou a nova catedral (finalmente erixida no canto da primitiva igrexa parroquial) unha cidadela defensiva[18] que tivera protagonismo no asedio norteamericano (batalla de Monterrei, 1846) da guerra entre México e os Estados Unidos. Ademais por primeira vez supérase o leito do río Santa Catarina cara ó sur cunha reprodución da retícula (repueble sur).

Industrialización e modernización

editar
 
Plano de Monterrei cos repuebles (ensanches) norte e sur e a área ferroviaria e industrial ao norte (1919).

Precisamente a primeira ponte sobor do río vai ser un dos legados do grande impulsor da cidade moderna, o gobernador Bernardo Reyes (1885-1909). Unindo ambos repuebles, dende a beira norte da ponte arranca a Avenida Juárez, a vía que facía de límite da vila primitiva e que na súa continuación servía de eixo central do ensanche de Crouset-Epstein. Reyes vai crear dúas novas arterias fundamentais de Monterrei: Unión (un bulevar E-O polo bordo superior do Repueble, hoxe Calzada Madero) e Progreso (N-S, hoxe Pino Suárez). Esta segunda unía as novas estacións ferroviarias (liñas entre 1881-91) no límite norte do ensanche co centro histórico pasando xunto a Alameda (a Cidadela demoleuse). Centro que enriquécese cunha ampliación do Pazo Municipal e un Pazo de Goberno de Nuevo León. O arroio de Sta. Lucía sotérrase na meirande parte do curso.

Impulso tamén de Reyes será a industrialización da cidade xusto nese mesmo norte do Repueble, pero que vai rematar en área desorganizada de vías e fábricas (ademais de cuarteis) no nome do progreso. A capitalización xurdida dunha cada vez máis forte unión da cidade á economía texana permitiron esa engalaxe.

Século XX

editar

Trala maior inundación da historia da cidade (río Sta. Catarina, 1909, con plan de canalización en 1941), preámbulo da época da Revolución Mexicana (1911), un novo período de forte industrialización comezou nos anos trinta,[19] desta vez cunha grande inmigración do rural de Nuevo León e os estados veciños (de 241.000 hab. en 1943 a 389.000 hab. en 1950 e 723.000 hab. en 1960). Gran parte desta man de obra asentouse no oriente, ao pé do Cerro da Silla, onde dende os tempos da colonia tíñanse creado os asentamentos dos indíxenas (sinaladamente, Guadalupe), e que tamén foi unha área de ocupación industrial [20].

A cidade desbordou definitivamente os repuebles acadando progresivamente unha configuración metropolitana, de tipo cidade xardín europea aos comezos nas ladeiras de Chepe Vera ou as Mitras, e máis de tipo sprawl suburbano estadounidense na segunda metade do século.

Dúas actuacións contemporáneas (1984-88 ) de importancia son: a polémica Macroplaza,[21] reunión nun alongado ámbito dos edificios cívicos representativos da urbe (pazos de goberno, catedral na antiga Praza Zaragoza, teatro e novos museos) a costa da desaparición da súa trama histórica inicial; e o Parque Fundidora, exemplo de rehabilitación dun antigo espazo industrial.

Por último, tamén salientable é a recuperación do xermolo da cidade, o curso do Arroio de Sta. Lucía, cunha canle conmemorativa e paseo (2007) unindo precisamente a Macroplaza e o Parque Fundidora.[21]

  1. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  2. Editorial Galaxia, ed. (2006). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600. 
  3. "2010 INEG Census Tables". INEG. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o June 4, 2011. 
  4. "NAI Mexico Study" (PDF). NAI Mexico. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2010. Consultado o January 7, 2009. 
  5. "Ubicación Geográfica". Gobierno del Estado de Nuevo León. Consultado o 24 de xuño de 2009. 
  6. "Peaks and bodies of water". Gobierno del Estado de Nuevo León, México. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  7. "INEGI: Censo de Población y Vivienda 2010". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  8. Primeiro mapa de Monterrei (1764): entre o arroio de Sta. Lucía ao norte e o río Sta. Catarina ó sur, a pequena poboación arredor da Praza Principal (Zaragoza)
  9. Idem en Flickr
  10. Mapa de Monterrei en 1791: o Pazo Bispal no extremo da dereita (o norte embaixo) [1]
  11. Idem en detalle; Archivo General de la Nación
  12. Plano do proxecto da Ciudad Nueva de Monterrei, Juan Crouset 1794
  13. Plan detallado de Crouset; Archivo General de la Nación
  14. Mapa de Monterrei de 1798 co pouco realizado da Cidade Nova ao norte antes da súa interrupción [2]
  15. "Idem en detalle; Archivo General de la Nación". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  16. Mapa da cidade, 1854: o pouco avanzado do Plan de Crouset e as defensas de Monterrei na guerra contra os EEUU (a Cidadela no norte) [3]
  17. Plano de ensanche ("repueble" norte) de I. Epstein (1864)
  18. Recreación da Cidadela en 1846 co construído da prevista nova catedral reutilizado [4]
  19. Mapa de Monterrei no comezo da metropolización, 1930
  20. Foto satelital do centro da metrópole de Monterrei cos "eventos" urbanos fundamentais: (5)centro histórico-Macroplaza, (6)Alameda, (7)Cerro del Obispado ou Loma Chepe Vera, (8)Av.Pino Suárez, (9)Av.Francisco Madero, (10)Ciudad Guadalupe, (14)Parque Fundidora; http://www.metropolisregia.com/ [5]
  21. 21,0 21,1 "Complejo Macroplaza-Paseo Santa Lucia-Parque Fundidora" (en castelán). 25 de marzo de 201. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 03 de outubro de 2012.