Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

O Mont Ventoux (en francés) ou Ventor en (occitano), é unha montaña de 1,912 metros de altitude situada na Provenza. Como indica o seu nome, o vento pode soprar moi forte no cumio, especialmente o coñecido vento Mistral: as correntes producidas poden superar os 160 km/h. Porén o seu nome orixinario non ten que ver cos ventos. Esta montaña non forma parte nin dos Alpes nin dos Pireneos, senón que está soa, entre os dous sistemas montañosos.

Modelo:Xeografía físicaMonte Ventoux
Imaxe
Tipomontaña
Abaulamento (pt) Traducir
free flight site (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaVaucluse, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 44°10′N 5°17′L / 44.17, 5.28
CordilleiraMontes de Vaucluse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude1.912 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.150 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico61,3 km Editar o valor en Wikidata
Material usadoCalcaria Editar o valor en Wikidata
Cima do Mont Ventoux.

O monte é moi coñecido porque o 26 de abril de 1336 ascendeu até a súa cima o grande poeta italiano Francesco Petrarca, quen realizou a subida polo puro pracer de experimentar as sensacións que lle poderían deparar a contemplación da paisaxe desde o cume do monte. Foi sen dúbida a primeira vez, polo menos con conciencia, na que un occidental probaba a escalar unha montaña por gozo e non con fins utilitarios.

É tamén coñecido porque o Tour de Francia pasou pola súa cima doce veces dende 1951.

Protección ambiental

editar

Desde 1990, o territorio do Mont Ventoux está clasificado pola UNESCO como unha reserva da biosfera. Delimitáronse seis zonas centrais a fin de protexer as paisaxes, os ecosistemas e as especies que conviven na zona, cunha superficie total de 2.126 hectáreas. A cima do Ventoux (963 hectáreas, por enriba dos 1.000 metros), é unha paraxe calcárea que posúe unha rara flora.