Mina (unidade)
A mina (arameo: mĕnē; hebreo: מנה -manäh-; grego: μνᾶ -mna-; en acadio: manû; en latín: mina) foi unha unidade de peso propia do Oriente Próximo na Antigüidade, equivalente a 1,25 libras (arredor de 0,57gramos), que posteriormente se utilizou como unidade de moeda.[1][2][3]
No mundo hebreo dividíase en 50 siclos. Na Grecia antiga, a mina equivalía orixinalmente a 70 dracmas e posteriormente aumentou ata os 100 dracmas.[4]
Desde os primeiros momentos da civilización sumeria, xa se utilizaba a mina como unidade de peso, con anterioridade á aparición dos siclos e dos talentos. En tempos de Ur-Nammu, a mina tiña un valor de 1/60 talentos ou 60 siclos.[5][6]
A mina no sistema monetario da Antiga Grecia
editarAs equivalencias da mina coas outras moedas daquela época son as seguintes:[7]
Referencias literarias antigas
editar- O profeta Ezequiel fai referencia á mina como equivalente a 60 siclos, no Libro de Ezequiel. Tamén é moi salientable neste sentido a "parábola das minas" no Evanxeo de Lucas.
- O sofista Evenos de Paros cobraba polas súas leccións 5 minas.[8]
- Platón nas súas Leis, estipula en cinco, tres, dúas ou unha mina os gastos por un enterramento, en función da clase á que pertencese o defunto.[9]
- Teofrasto, en Caracteres, amosa un home cobizoso que desconta catro dracmas dunha débeda de 30 mines.[10]
- Ateneo de Naucratis conta na súa obra Deipnosophistes que a cortesá Friné tería solicitado unha mina por unha noite, segundo o poeta cómico Machon.[11]
Galería de imaxes
editarOs seguintes debuxos correspóndnse ás ilustracións de diversos tipos de pesos dunha mina procedentes do dicionario de antigüidades de Daremberg.[12]
-
Mina de Atenas.
-
Mina de Quíos.
-
Mina de Antíoco IV Epífanes.
-
Mina de Antioquía.
Notas
editar- ↑ "Mina Arquivado 18 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Money: The Mina". En Hirsch, E. G. et al. Jewish Encyclopedia. 1906
- ↑ "Mina". En Girod (1827). Páxina 27.
- ↑ Aristóteles. Constitución dos atenienses. 10.2 (Ver texto en inglés)
- ↑ "Mina". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ "Mina". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
- ↑ Platón. Apoloxía de Sócrates. 20b: Canto cobra? É Evene, Sócrates, respondeume Callias; é de Paros, e cobra cinco minas. (Ver texto bilingüe grego-francés).
- ↑ Platón. As leis. Libro XII-IX. Os gastos da sepultura non se elevarán nunca a máis de cinco minas para os cidadáns da primeira clase, de tres para os da segunda, de dúas para os da terceira e dunha mina para os da cuarta. (Ver texto en francés)
- ↑ Teofrasto. Caracteres. XXX. Edición en galego a cargo de Pedreira Sanjurjo, Iria. Rinoceronte Editora, 2017. ISBN 978-84-92866-90-8
- ↑ Ateneo de Naucratis. Deipnosophistes. XIII, 45. Machon non paraba de solicitar os favores de Friné, a cortesá de Tespias. Un día ela esixiulle unha mina por se deitar con el. (Ver texto en francés)
- ↑ Daremberg, C. Le Dictionaire des Antiquités Grecques et Romaines. Tomo III. París, 1904.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mina |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
- Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827