Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Un meteorito é un corpo celeste relativamente pequeno que acada a superficie terrestre. Cando un meteorito está composto esencialmente de silicatos, sen metais, denomínase aerólito ou litito. Se están compostos de metal (principalmente ferro) denomínanse sideritos. Se teñen unha composición mixta de rocha e metal son litosideritos.

Meteorito.

No espazo, estes corpos reciben o nome de meteoroides ("pequenos" asteroides, aproximadamente do tamaño dun canto rolado ou de menor tamaño, que xeralmente son o resultado da colisión de dous ou máis asteroides). Ó entrar en contacto coa atmosfera, a fricción co aire causa que o corpo se quente, emitindo luz e formando un meteoro, bóla de lume ou estrela fugaz.

Historia

editar

Foron unha fonte primaria de ferro ao comezo da Idade de Ferro, chegando a ser obxecto de culto na relixión faraónica. Na actualidade destacan os estudos sobor dos efectos dos impactos de meteoritos no planeta Terra, en especial polo estudo do evento K-T (Cretáceo-Terciario).

Exobioloxía

editar

Son obxectos de especial interese no campo da exobioloxía, en especial os meteoritos atopados na Antártida.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar