Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Maximino Magariños

escultor galego (1869-1927)

Maximino Magariños Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1869 e finado na mesma vila o 26 de marzo de 1927[1], foi un escultor, ebanista e imaxineiro galego. Un dos tallistas máis importantes de finais do século XIX e comezos do XX.

Modelo:BiografíaMaximino Magariños

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor, imaxineiro, ebanista Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosé Mateo Larrauri Editar o valor en Wikidata

BUSC: magarinos-maximino-1869-1927

Traxectoria

editar

O pai de Maximino Magariños tiña en Santiago de Compostela un obradoiro de imaxineiro, xurdido ao abeiro dasinatura do concordato entre a Igrexa católica e o Estado español en 1851 e da promulgación da Lei de 1860 pola cal a administración se comprometía a reconstruír igrexas. Maxinimo Magariños formouse coa axuda da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, acadando máis tarde unha bolsa coa que ampliou estudos en Madrid. Con influencias historicistas e tradicionais, a súa obra encádrase no estilo ecléctico do seu tempo. Os seus retablos relixiosos, tallados en nogueira, castiñeiro ou cedro, mesturan estilizacións prerrafaelistas con formulas barrocas. Traballou sobre todo na contorna compostelá, aínda que tamén ten obras de interese na zona de Vigo e Pontevedra. Realizou os retablos da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, a igrexa de Santiago de Vigo e a capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela.

  1. del Castillo Fondevila, María Esther (2018): "Maximino Magariños", en Pedras Vivas nº 49, agosto 2018 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar