Maui
A illa de Maui (/ˈmaʊ.i/; Hawaiano: Modelo:IPA-haw)[1] é unha das Illas Hawai. Administrativamente forma parte do Condado de Maui do Estado de Hawai, xunto coas illas Lanai, a deshabitada Kahoolawe e Molokai. Cunha superficie total de 1.883 km² é a segunda illa máis grande do arquipélago, e cunha poboación de 144.444 habitantes (ano 2010) é a terceira illa máis poboada. Maui tamén é coñecida co sobrenome de Valley Isle polo fértil istmo entre os dous volcáns. Kahului é a maior cidade da illa cunha poboación de 26.337 (2020) e é o centro comercial e financeiro da illa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Hawai | ||||
Condado | Condado de Maui (pt) | ||||
Capital | Kahului (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 144.444 (2010) (76,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.883 km² | ||||
Medición | 42 () × 64 () km | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Punto máis alto | Haleakalā (pt) (3.055 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Segundo a lenda, a illa leva o nome do semideus Maui. Este heroe, coñecido en diferentes lugares da Polinesia, creou as illas pescándoas do fondo do mar.
Xeografía
editarMaui é unha illa formada por dous volcáns que se unen nun istmo. O volcán máis antigo é o Mauna Kahalawai que está moi erosionado e tamén se chama West Maui Mountain. Ao leste está o Haleakala, un volcán máis novo e máis grande cunha caldeira a 3.050 metros de altitude. A última erupción foi en 1790.
Como a orografía está dominada polas dúas montañas volcánicas, o clima é moi variable segundo a orientación respecto dos ventos alisios e a altitude. A precipitación anual pode variar entre 250 e 10.000 mm segundo a localización. A temperatura no nivel do mar é estable can variacións entre 20 °C e 29 °C.
A poboación é diversa, con diferentes grupos étnicos de inmigrantes que chegaron para traballar nas plantacións de cana de azucre e piña. As cidades principais son Kahului, Wailuku, Lahaina e Kihei.
As principais actividades económicas son a agricultura e o turismo. O val central de Maui, o istmo entre as dúas montañas, está dominado polas maiores plantacións de cana de azucre que quedan nas illas Hawai. A oferta turística inclúe diversos hoteis de luxo e a observación de baleas que no outono migran de Alasca ás augas máis cálidas de Maui. A maioría de turistas proveñen dos Estados Unidos e do Canadá. Isto provocou, nos últimos anos, un rápido crecemento demográfico polos turistas que pasaron a ser residentes. Á súa vez, iso trouxo consigo problemas de conxestión do tráfico nas principais estradas ademais de vivenda, posto que ás familias con ingresos medios resúltalles moi complicado alugar ou comprar unha casa. Igualmente, nos últimos anos aumentou a preocupación acerca do acceso á auga potable, todo iso unido a unha importante seca. Como aspectos positivos, cabe destacar que Maui posúe unha economía saneada, ademais dunha taxa de paro que no 2005 situábase tan só no 2,6 % -fronte ao 2,8 do resto das illas ou o 5,1 % do país-.
Historia
editarOs polinesios de Tahití e das Marquesas foron os primeiros poboadores da illa. O capitán inglés James Cook descubriu Maui o 26 de novembro de 1778, pero non desembarcou ao non atopar un bo porto. Anotou o nome da illa como Mowe ou Mow'ee. O primeiro europeo en visitar Maui, en 1786, foi o francés La Perouse que desembarcou na baía que hoxe en día leva o seu nome.
En 1790, o rei Kamehameha I de Hawai conquistou Maui e estableceu a residencia en Lahaina, despois capital do reino. Pouco despois comezaron a chegar comerciantes, baleeiros e misioneiros. Como Lāhainā era entón a capital, aí fundouse a primeira misión e a primeira escola (que continúa hoxe, a Lāhaināluna Mission School. A escola misioneira abriuse en 1831 e foi a primeira escola de ensino secundario en abrir ao oeste das Montañas Rochosas. Os misioneiros ensinaron á poboación a ler e escribir, crearon o alfabeto hawaiano de 12 letras, estableceron unha imprenta en Lāhainā e empezaron a pór por escrito a historia das illas, que ata entón se transmitía unicamente de forma oral. Ironicamente, o labor que desempeñaron estes misioneiros serviu tanto para alterar como para preservar a cultura nativa. Por unha banda, o labor relixioso alterou a cultura mentres que os esforzos alfabetizadores preservaron a historia nativa e o idioma para a posteridade.
Durante a segunda guerra mundial, Maui foi un centro de residencia e de adestramento das tropas norteamericanas. Chegáronse a concentrar máis de 100.000 militares. A principal base militar atopábase en Haiku.
Notas
editar- ↑ Kinney, Ruby Kawena (1956). "A Non-purist View of Morphomorphemic Variations in Hawaiian Speech". Journal of the Polynesian Society 65 (3): 282–286.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maui |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do condado de Maui
- Maui en Curlie (en inglés)
- High resolution Moku/Ahupua'a map
- "Basic Maui Map: Can I drive around the entire island?". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2022. Consultado o 15 de agosto de 2017.