Marcha Verde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
A Marcha Verde foi a avance masivo que a través do deserto realizaron, en novembro de 1975, 350.000 civís e 25.000 militares marroquís, logo da chamada do rei Hassán II, coa pretensión de forzar a entrega por España do Sáhara Español a Marrocos tras o ditame do Tribunal Internacional de Xustiza que recoñecía o dereito do pobo saharauí á autodeterminación.
Historia
editarO 16 de outubro de 1975 o TIX emitiu un ditame que establecía a existencia de lazos xurídicos entre o sultán de Marrocos e algunhas tribos saharauís pero que non recoñecía ningún lazo de soberanía entre Marrocos e o Sáhara Occidental. O rei de Marrocos nun discurso transmitido en directo pola radio e a televisión na tarde dese día anunciou que o TIX establecera a existencia de vínculos xurídicos e de submisión entre o pobo saharauí e o rei de Marrocos e polo tanto era deber de Marrocos recuperar o Sáhara, para o que anunciou a realización dunha marcha pacífica na que participarían voluntarios marroquís, ao día seguinte abríronse oficinas de reclutamento en todo o país. Un total de dez trens trasladaron os voluntarios ata Marraquex e dende alí marcharon en 7.813 camións cara Agadir.
O 21 de outubro de 1975 o primeiro grupo, composto por 20.000 persoas, sae de Ksar es Souk e o 3 de novembro concéntranse en Tarfaya os participantes na marcha. O 5 de novembro Hassán II deu o sinal en Agadir para que o 6 de novembro a marcha entrara en territorio español, prohibe calquera enfrontamento co exército español pero ameaza con responder a calquera intervención da Fronte Polisario.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |