Martiño o Mozo
Martiño I de Sicilia, coñecido como Martiño o Mozo, nado en Perpiñán, no Principado de Cataluña, en 1374, 1375 ou 1376, segundo as fontes, e finado en Cagliari, Reino de Sardeña (da Coroa de Aragón) o 25 de xullo de 1409,[1] foi un Infante de Aragón, o III Conde de Luna e rei de Sicilia entre 1390 e 1409, polo seu matrimonio coa raíña María I de Sicilia.
Traxectoria
editarMartiño foi o primeiro dos catro fillos de Martiño I de Aragón e da súa primeira esposa, María de Luna, filla e herdeira do Conde de Luna. Era, por tanto, neto de Pedro o Cerimonioso e sobriño de Xoán I de Aragón.
En 1390 casou con María de Sicilia, a quen lle retornou o reino de Sicilia, recuperándoo mediante a forza militar contra un grupo de baróns rebeldes.[2] Aproveitando un complicado momento político no que houbo varios actos antixudeus en 1392 que o rei Martiño fixo amortecer apoándose na bula Sicut Judaeis, actualizada polo papa Martiño IV en 1281.[3]
Martiño foi coroado como rei de Sicilia o 13 de abril de 1398 en Palermo.[4]
Reinou conxuntamente coa súa muller até a morte desta en 1402. Despois rexeitou o tratado de 1372 asinado polo rei anterior, Frederico III de Sicilia, e gobernou en solitario. Deste primeiro matrimonio naceu un fillo, o infante Pedro de Sicilia (1394-1400).
En 1398 foi declarado sucesor de seu pai poas Cortes, despois de que o soberano aceptara que o príncipe se presentara no momento oportuno a xurar o estatuto de unión dos reinos de Aragón e Valencia e do condado de Barcelona, así como os seus foros.[5]
Martiño O Mozo casou en segundas nupcias con Branca de Navarra, herdeira da familia Evreux e futura raíña de Navarra (Branca I). Deste matrimonio tivo outro fillo, o infante Martiño de Aragón (1403-1407).
Dirixiu as tropas da conquista de Sardeña e, en 1409, venceu definitivamente ás autoridades de Arborea na batalla de Sanluri, xusto antes da súa morte por enfermidade na cidade de Cagliari.
A súa tumba encóntrase na catedral desta cidade.
Como ningún dos fillos nacidos dos seus matrimonios sobreviviuno, o único descendente que deixou foi un fillo ilexítimo, Federico de Luna, que tivo coa súa amante Tarsia Rizzari.[6]
Martiño I de Aragón, coñecido como Martiño o Vello, intentou nomear ao seu neto ilexítimo como sucesor da Coroa de Aragón, pero non obtivo suficiente apoio e, no compromiso de Caspe, a candidatura deste foi definitivamente rexeitada a favor da de Fernando de Antequera.
Descendencia
editarMartiño tivo un herdeiro, morto precozmente, de María de Sicilia, un de Branca e dous fillos de dúas amantes:[7][8]
- de María de Sicilia tivo:
- de Branca naceu:
- Martiño de Aragón (? - 1407).
- da súa amante Agata de Pesce:[9]
- da súa amante Tarsia Rizzari:[6]
- Federico de Luna, nado entre 1400 e 1403 e finado en Urueña o 29 de maio de 1438, conde de Luna e señor de Segorbe, que casou con Violante Luísa de Mur. Federico foi un dos cinco pretendentes á Coroa de Aragón, en 1410, á morte do seu avó, Martiño I de Aragón (Martiño o Vello).
Antepasados de Martiño o Mozo
editar16. Xaime II de Aragón | ||||||||||||||||
8. Afonso IV de Aragón | ||||||||||||||||
17. Branca de Anjou | ||||||||||||||||
4. Pedro IV de Aragón | ||||||||||||||||
18. Gombald de Entensa | ||||||||||||||||
9. Teresa de Entensa | ||||||||||||||||
19. Constanza de Attillon | ||||||||||||||||
2. Martiño I de Aragón | ||||||||||||||||
20. Frederico III de Sicilia | ||||||||||||||||
10. Pedro II de Sicilia | ||||||||||||||||
21. Leonor de Anjou | ||||||||||||||||
5. Eleonor de Sicilia | ||||||||||||||||
22. Otón III de Carintia | ||||||||||||||||
11. Isabel de Carintia | ||||||||||||||||
23. Eufemia de Legnica | ||||||||||||||||
1. Martiño o Mozo (Martiño I de Sicilia) | ||||||||||||||||
6. Lope de Luna, conde de Luna | ||||||||||||||||
3. María de Luna | ||||||||||||||||
7. Brianda de Got (ou de Agasunt) | ||||||||||||||||
Predecesor: María I de Sicilia |
Rei de Sicilia Con María I até 1402 1390-1409 |
Sucesor: Martiño I de Aragón (Martiño II o Vello) |
Notas
editar- ↑ Calendario xuliano.
- ↑ Nef 2013, p. 342.
- ↑ Simonsohn 2011, p. 102.
- ↑ Francesco Aprile (1725): Della cronologia universale della Sicilia, p. 207.
- ↑ Aldama, Dionisio de, e García González, Manuel (1862): Historia general de España desde los tiempos primitivos hasta fines del año 1860. Volume 5. Madrid, pp. 70-71.
- ↑ 6,0 6,1 Tarsia Rizzari en geni.com (en castelán).
- ↑ Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Casa de Barcelona. Xenealoxía Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Agathe de Pesce en geneanet.org (en francés).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Nef, Anneliese (2013): A Companion to Medieval Palermo. Leiden: Brill. ISBN 9-0042-5253-3.
- Simonsohn, Shlomo (2011): Between Scylla and Charybdis: The Jews in Sicily. Leiden: Brill. ISBN 9-0041-9245-X.
- Fodale, Salvatore (1999): "Blanca de Navarra y el gobierno de Sicilia". En: Príncipe de Viana. 60, 217, pp. 311–322.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño o Mozo |
- Salvatore Tramontana (2008): "Martino I d’Aragona, re di Sicilia", en Treccani - Dizionario Biografico degli Italiani, Volume 71.
- Martí I de Sicília, na Gran enciclopèdia catalana (en catalán).