Lotarinxia
Lotarinxia é o nome que se lle deu ao territorio do Imperio Carolinxio que lle correspondeu ao emperador Lotario I, fillo de Lois o Piadoso e neto de Carlos o Grande, despois do Tratado de Verdún no ano (843).
Lotharii regnum (la) | ||||
Epónimo | Lotário II da Lotaríngia (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Old Frisian (en) | |||
Relixión | cristianismo occidental | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 855 (Gregoriano) | |||
Disolución | 959 (Gregoriano) | |||
Xeografía histórica
editarTal territorio era unha longa franxa de terra que se estendía desde o Mar do Norte até a Península Italiana e ficaba comprendida entre os territorios que corresponderan aos seus irmáns: Francia occidental para Carlos o Calvo e a Francia oriental ou Xermania para Lois o Xermánico.
A Lotarinxia inicial cubría o que é hoxe:
- Países Baixos.
- Bélxica.
- Luxemburgo.
- en Alemaña.
- en Francia.
- Boa parte de Italia.
Repartimento da Lotarinxia
editarEstes territorios encaixaban dificilmente entre si, de xeito que tras a morte de Lotario (855) foron repartidos entre seus tres fillos:
- Lois II o Mozo (875 ?), recibiu o título de Emperador de Occidente e Italia.
- Lotario II (869 ?), recibiu a parte Norte desde Frisia até Suíza, que foi o realmente denominado Lotarinxia logo da súa morte.
- Carlos da Provenza (863 ?), levou a Provenza e Borgoña.
Cando no 869 morre Lotario II, os seus territorios, é dicir a parte máis setentrional da Lotarinxia orixinaria , foron repartidos entre os seus tíos, Lois e Carlos, polo que se redefiniron as fronteiras acordadas en 843, por medio dun novo acordo: o tratado de Meerssen de 870.
Lista de monarcas
editar- Lotario I (843 - 855), emperador.
- Lotario II (855 - 869).
- Carlos II o Calvo (869 - 877), emperador.
- Lois II de Francia (877 - 879).
- Ludovico III o Novo (879 - 882).
- Carlos III o Gordo (882 - 887), emperador.
- Arnulfo de Carintia (887 - 895).
- Sventibaldo de Lotarinxia (895 - 900).
- Ludovico IV o Pegriceiro (900 - 911).
- Carlos III o Simple (911 - 922).
- Henrique I de Saxonia (922 - 936).
A partir de Henrique I o título real ficou asociado ao emperador do Sacro Imperio, entanto a administración do territorio foi asignada aos duques da Alta e Baixa Lorena.
A Lotarinxia na Idade Moderna
editarXa no século XVI, durante o reinado do emperador Carlos V volveron a axuntarse moitas daquelas terras baixo unha soa coroa que, ao abdicar Carlos e retirarse para o Mosteiro de Yuste, foron desgregadas do Imperio Xermánico, ao deixarllas en herdo ao seu fillo Filipe II, rei de España, que gobernaba a única potencia do momento capaz de mantelas unidas. Novamente quedou demostrada a artificiosidade de tal unión.