Río Lor
curso fluvial galego
(Redirección desde «Lor»)
O Lor é un río galego, afluente do río Sil, situado na provincia de Lugo, e que discorre polas montañas do Courel.
Tipo | curso de auga | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | ||||
Localización | Fonlor | ||||
Final | |||||
División administrativa | Quiroga, España | ||||
Localización | Augas Mestas | ||||
Desembocadura | Río Sil | ||||
| |||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | ||||
Características | |||||
Dimensións | 54 () km | ||||
Superficie | 372 km² | ||||
Características
editarTen 54 quilómetros de lonxitude, e a súa conca é de 372 km². Nace en Fonlor (Pedrafita do Cebreiro), percorre a serra do Courel de norte a sur, e finalmente dá as súas augas ao río Sil en Augas Mestas (Quiroga), unha aldea hoxe baixo as augas. Os seus afluentes máis importantes son os ríos Lóuzara e Pequeno.
O poeta courelao Uxío Novoneyra escribiu varios poemas tratando do río.
Fauna
editarNo río e na súa bacía podemos encontrar peixes (troitas ou anguías), anfibios (o tritón palmado, a ra ibérica) e réptiles (o lagarto verdinegro). O mamífero máis representativo é a lontra.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |