Lockheed L-188 Electra
1957 Lockheed
O Lockheed L-188 Electra é un avión turbohélice estadounidense fabricado por Lockheed. Voou por vez primeira en 1957, e foi o primeiro gran turbohélice de pasaxeiros construído nos Estados Unidos. As vendas iniciais foron boas, pero despois de dous accidentes fatais tiveron que realizarse caras modificacións para arranxar un defecto de deseño e non se venderon máis exemplares. O modelo foi ao pouco tempo substutuído por turbojets, e moitos dos exemplares foron modificados como cargueiros. Aínda é usado na actualidade realizando varios tipos de roles, como avións contra-incendios ou avións cisterna. A estrutura usouse como base para o avión de patrulla marítima Lockheed P-3 Orion.
Lockheed L-188 Electra | |
---|---|
L-188A Electra de Pacific Southwest Airlines | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Lockheed |
Primeiro voo | 6 de decembro de 1957 |
Introducido | 1958 |
Produción | 1957 - 1961 |
Unidades construídas | 170 |
Variantes | Lockheed P-3 Orion |