Lingua afrikaans
O afrikaans[2][3] é unha lingua xermánica occidental que se fala principalmente en Suráfrica e Namibia.
Afrikaans Afrikaans | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ɐfriˈkɑːns] | |
Falado en: | Suráfrica e Namibia | |
Rexións: | África Austral | |
Total de falantes: | 7,2 millóns (censo de 2011) Total: 15–23 millóns | |
Familia: | Xermánico Xermánico occidental Baixofranconio Neerlandés Afrikaans | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Suráfrica Namibia (como lingua minoritaria) | |
Regulado por: | Die Taalkommissie | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | af
| |
ISO 639-2: | afr | |
ISO 639-3: | afr
| |
Mapa | ||
Status | ||
Falantes
editarFalan o afrikaans como lingua materna 6 200 000 persoas, ademais en Suráfrica pode haber 4 000 000 que o teñan como segunda ou terceira lingua. O 60% dos brancos surafricanos e o 50% dos mestizos teñen o africáner como lingua materna.
Distribución xeográfica
editarEn Suráfrica o africáner fálase na Cidade do Cabo e en toda a metade occidental do país ademais das cidades de Pretoria, Xohanesburgo e Bloemfontein.
En Namibia a Constitución de 1990 garante ao africáner o status de lingua nacional, aínda que non é oficial como si o era antes da independencia. Aproximadamente o 25% da poboación de Windhoek ten o africáner como lingua materna.
En Cimbabue existía unha comunidade africáner importante, pero a maioría emigraron despois de 1980, e actualmente descoñécese o seu número. En Malaui e Zambia hai pequenas minorías de lingua africáner.
En Botswana fálase no distrito de Ghazi e na vila de Takatokwane, no distrito de Kweneng.
Como resultado da emigración actualmente existen colonias falantes de africáner en Australia (Perth), Nova Zelandia, no Canadá (Vancouver e Toronto), na Arxentina, no Reino Unido (Londres), nos Estados Unidos, nos Países Baixos e Bélxica.
Dialectos
editar- Afrikaans do Cabo Oriental (Oosgrensafrikaans), base da lingua estándar
- Afrikaans do Cabo (Kaaps Afrikaans)
- Afrikaans do Río Orange (Oranjerivierafrikaans).
Orixe
editarOrixinariamente o afrikaans é unha variedade local do neerlandés que se desenvolveu na colonia neerlandesa da Cidade do Cabo despois que a Compañía Holandesa das Indias Orientais establecera alí unha colonia en 1652, aumentada con emigración de holandeses, alemáns e franceses entre os séculos XVIII e XIX, esa poboación europea mesturouse coa poboación local bantú e khoisan, así como con poboación procedente das colonias holandesas de Asia.
Á lingua local denominouse inicialmente holandés do Cabo (Taal Dutch), houbo tamén outras linguas crioulas que influíron no desenvolvemento do afrikaans: o Orange Rivers Afrikaans (ou Kleurling Afrikaans) falada por europeos mesturados con falantes de linguas khoisan, nama e outras poboación africanas (os seus falantes coñecíanse como griqua ou koranna). Os Rehobot Basters era unha poboación rural descendente de homes holandeses e mulleres khoi que falaban un crioulo semellante. O cabo malaio era a variedade africáner falada pola poboación islámica descendente de malaios.
A mutua interferencia do afrikaans con estas outras variedades crioulas levou á a unha grande regularidade da gramática. O holandés do Cabo diverxía ademais do neerlandés na introdución de préstamos do baixoalemán, alemán, francés, portugués, do malaio e outras linguas malaio-polinesias e das linguas africanas, aínda que comparte o 85% do léxico co neerlandés.
Gramática
editarO afrikaans presenta unha forte simplificación gramatical comparada co neerlandés, non distingue xéneros gramaticais nos substantivos, o plural indícase mediante o morfema -e, (neerlandés -en, -n, -s, -'s) e posúe un único artigo, die.
Non presenta inflexión verbal, hai que colocar o pronome antes para saber quen fai a acción.
Conta con 15 vogais, e é unha das poucas linguas xermánicas en empregar a dobre negación: Hy kan nie Afrikaans praat nie. (literalmente El pode non africáner falar non.)"
Historia
editarO afrikaans considerouse un dialecto do neerlandés ata comezos do século XX, lingüisticamente aínda está próximo ao holandés (dialecto neerlandés) que se falaba nas provincias de Holanda do Norte e Holanda do Sur no século XVII, e por extensión ao neerlandés moderno.
O holandés do Cabo diverxía do neerlandés na introdución de préstamos do baixoalemán, alemán, francés, portugués, do malaio e outras linguas malaio-polinesias e das linguas africanas.
Arnoldus Pannevis (1838-1884) foi un reverendo neerlandés considerado o pai do africáner, á súa chegada a Suráfrica deuse de conta que a lingua difería considerablemente do neerlandés, e puxo os alicerces para que fose considerada unha lingua diferente.
Despois da guerra boer de 1899-1902 produciuse un movemento de reivindicación política da lingua que deu como resultado que en 1925 o goberno da Unión Surafricana oficializara o africáner, en substitución do holandés. A máis grande asociación de defensa do africáner fundouse en Cidade do Cabo o 19 de agosto de 1930, a Afrikaanse Taal- en Kultuurvereniging (ATKV), aínda que ao seu primeiro mitin só acudiron 33 persoas, ao ano seguinte xa tiña 30 seccións locais.
En 1933 publicouse a tradución completa da Biblia.
En 1976 a intención do goberno surafricano de establecer o afrikaans como lingua vehicular das escolas negras en substitución do inglés provocou disturbios en Soweto que chamou a atención internacional sobre o réxime do apartheid. A Constitución de 1994 proclama o afrikaans unha das once linguas oficiais do país, malia iso o inglés cada vez actúa máis como lingua pública.
En 1996 a SABC reduciu as emisións de televisión en afrikaans, como reacción en 1999 fundouse unha televisión de pago en afrikaans (KykNet) con moito éxito
Escrita
editarAo primeiro os falantes de afrikaans escribían en neerlandés estándar, pero arredor de 1850 o afrikaans comeza a se utilizar en folletos relixiosos ou políticos, pero aínda considerado un dialecto rexional. En 1856 aparece o primeiro libro en afrikaans, era un libro relixioso islámico en alfabeto árabe, escrito na variedade coñecida como cabo malaio ou africáner do Cabo.
En 1875 creouse a Genootskap vir Regte Afrikaanders (Sociedade dos verdadeiros Africáners) que publicou moitos libros en africáner, incluíndo gramáticas, dicionarios, material relixioso e historias, e elaborou unhas normas baseadas nos dialectos falados polos brancos.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Termo aprobado pola Comisión de validación terminolóxica da Real Academia Galega. Pódese acceder ao rexistro en TERGAL
- ↑ Definición de afrikaans no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua afrikaans |
Vexa no Galizionario as palabras en Afrikaans |