Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Lenín Moreno

político ecuatoriano

Lenín Boltaire Moreno Garcés[1][2] nado en Nuevo Rocafuerte o 19 de marzo de 1953, é un político e administrador ecuatoriano, que ocupo o cargo de presidente da República de Ecuador entre 2017 e 2021.[3] Anteriormente ostentara o cargo de vicepresidente entre 2007 e 2013 durante o goberno de Rafael Correa.

Infotaula de personaLenín Moreno

(2017) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Lenín Boltaire Moreno Garcés Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
New Rocafuerte (Ecuador) Editar o valor en Wikidata
Presidente de Ecuador
24 de maio de 2017 – 24 de maio de 2021
← Rafael CorreaGuillermo Lasso →
President of PAIS Alliance (en) Traducir
1 de maio de 2017 – 1 de marzo de 2021
← Rafael Correa
Special Envoy of the Secretary-General (en) Traducir
19 de decembro de 2013 – 30 de setembro de 2016 – María Soledad Cisternas (en) Traducir →
Nomeado por: Ban Ki-moon
Vicepresidente de Ecuador
15 de xaneiro de 2007 – 24 de maio de 2013
← Alejandro Serrano Aguilar (en) TraducirJorge Glas (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAsunción Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaProgresismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Ecuador - administración pública
Unidad educativa Mejia (en) Traducir
sen valor - bacharelato Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor , empresario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU (2013–2016)
Ministry of Public Health (en) Traducir (2001–2004)
Ministry of Government of Ecuador (en) Traducir (1996–1997) Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente (2021–)
MOVER (2006–2021)
Acción Popular Revolucionaria (en) Traducir (década de 1990–década de 1990)
Movimiento de Izquierda Revolucionaria (en) Traducir (década de 1970–década de 1970) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Government of Lenín Moreno (en) Traducir (2017–)
Revolução Cidadã (pt) Traducir (2007–2013) Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
6 de setembro de 2019Pacto de Leticia pela Amazônia (pt) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRocío González Navas (1974–)
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Páxina webpresidencia.gob.ec Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3554533 Facebook: LeninMorenoEC Twitter: lenin Instagram: leninmorenog Youtube: UCvDuwiTW9QylvVwpWRlLzew Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu o 19 de marzo de 1953 na cidade amazónica Nuevo Rocafuerte, na provincia de Napo Pastaza, agora parte da provincia de Orellana, preto da fronteira co Perú e Colombia, no seo dunha familia humilde que percorreu o país pois os seus pais eran directores de escolas públicas.[3] O seu pai, Servio Tulio Moreno, foi senador e deputado pola provincia de Ambato en 1994 polo partido populista Concentración de Forzas Populares. A súa avoa materna era de nacionalidade peruana.[4]

O 3 de xaneiro de 1998, logo dun asalto nos exteriores da panadaría, situada na Avenida América, fronte a Teleamazonas, ó norte da cidade de Quito, foi vítima do disparo de delincuentes que querían roubar o seu vehículo, perdendo a mobilidade de ambas as pernas.

Carreira política

editar

Moreno iniciou a súa vida política cando era estudante na Universidade Central do Ecuador, ó ser parte do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR), formando parte das protestas contra o triunvirato militar pola alza do 40 % das pasaxes dos buses urbanos e demandando o retorno á democracia nun episodio coñecido como a Guerra dos Catro Reais.[5] Moreno posteriormente apoiou as primeiras candidaturas de Rodrigo Borja, foi parte do partido populista de esquerda APRE xunto a Gustavo Larrea nos 90, o que lle permitiu acceder ao goberno de Abdalá Bucaram como funcionario logo de estabelecerse a alianza con Frank Vargas Pazzos, ministro de Goberno de Bucaram.[6] No ano 2002, Moreno apoiou a candidatura de Jacinto Velásquez e colaborou na súa campaña.[5] No 2006, o seu nome foi proposto á Vicepresidencia da República por antigos membros do MIR ó movemento Alianza PAIS, sendo aceptado polo seu candidato presidencial, Rafael Correa.[6]

Nas eleccións presidenciais do 2006, Rafael Correa foi elixido como Presidente da República e Moreno como vicepresidente, asumindo no 2007, cargo ó que foi reelixido para o período 2009-2013 nas eleccións do 2009. O seu nome foi proposto por organizacións sociais e por parte do goberno do Ecuador ó Premio Nobel da Paz no 2012 e foi elixido presidente do Comité para a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra as Discapacidades (CEDDIS) da Organización dos Estados Americanos (OEA).

Unha vez que Lenin Moreno decidiu non postularse a unha nova reelección como vicepresidente de Rafael Correa, o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas designouno en decembro de 2013 como o seu enviado especial sobre Discapacidade e Accesibilidade, mandato que se renovou xa en dúas ocasións e cuxa sede está en Xenebra, Suíza.

No ano 2017 gañou as eleccións presidenciais do 2017, elixido candidato por Alianza PAIS para suceder a Correa, converténdose no 44° Presidente Constitucional do Ecuador, iniciando o seu período o 24 de maio de 2017.

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xuño de 2019. 
  2. "Lenín Moreno, el hombre que decidió volver a vivir". Vistazo. 1 de marzo de 2017. Consultado o 9 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Elecciones en Ecuador: quién es Lenín Moreno, el rostro conciliador que sucederá a Rafael Correa". Consultado o 9 de maio de 2017. 
  4. "Lenín Moreno: Todo lo que dijo sobre el Perú en su visita a Lima". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2017. Consultado o 10 de maio de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Lenín Moreno, el hombre que decidió volver a vivir". Vistazo. 1 de marzo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "PERFIL: Lenín Moreno ha navegado entre lo público y lo privado". Consultado o 11 de xullo de 2017.