Kupido
Kupido, sobrenome artístico de Johan Wessels , finado o 23 de febreiro de 2016, foi un cantante e compositor surafricano en lingua afrikaans.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (af) Johan Wessels 28 de outubro de 1953 Lusaca, Zambia |
Morte | 23 de febreiro de 2016 (62 anos) Middelburg, Suráfrica (pt) |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Traxectoria
editarEscolleu o cognome de Kupido por cantar e escribir cancións románticas. Comezou a cantar con Cora Marie en 1981. O seu primeiro grande éxito foi foi Was Ek Maar 'n Digter, que foi a única canción en afrikaans que entrou na lista dos Top 20 da Springbokradio de 1982 [1]. En 1983 o dúo logrou outro dos seus grandes éxitosCountry in Harmonie e seguiron a traballar xuntos durante 11 anos ata a morte de Cora en 1994. Tamén escribiu temas para Johan Stemmet e Laurika Rauch. En 1997 estableceu o grupo Quattro co seu irmán Alan Ladd e as súas irmás Cleo e Angela.[2]
En 2012 colaborou no libro biográfico sobre Cora Marie Gee Haar 'n Roos-Die Lewensverhaal van Cora Marie da escritora Shaun Mynhardt.
Discografía
editar- U Regte Weë, FANTASIA
- Terug uit Afrika, FANTASIA
- Die Wessels Familie
- Deur Die Bloed Gebind, FANTASIA
- Heart And Soul Of Kupido, CRESCENDO
- Was Ek Maar 'n Digter, PANORAMA
- Dis Kersfees, Lui die Klokke (álbum de nadal con Jurie Els, Cleo, Sonja Herholdt Simeon Hamman e Mike & Eileen),1996 BMG
- Liefde Sal Oorwin
- Country in Harmonie, con Cora Marie, 1983 CBS INC/GRAMAPHONE CO/PANORAMA
- 50 – 50 LP, con Cora Marie, CBS
- Warm Country Hart / Jy Is Hier By My 7, 1985 PANORAMA
- Voorspoedige Lewensjaar / Min Dae 7, con Cora Marie, 1984 PANORAMA
- Die Klokkespel, con Laurika Rauch, Johan Stemmet e Cora Marie, 1983
- Was Ek Maar ´n Digter / Vanaand Verlang Ek 7, 1982 PANORAMA[3]
Notas
editar- ↑ "Cora-Marie: 21 jaar later" Maroela Media, 8 de xullo de 2015
- ↑ Kupido is terug en sy Quattro kan naam maak Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Beeld, 12 de novembro de 1997.
- ↑ Vetseun.co.za Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., besoek op 19 April 2010.