Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Kaohsiung

A terceira cidade máis grande de Taiwán, a cidade da República de China situada na parte sur de Taiwán

Kaohsiung é a segunda cidade máis importante de Taiwán (1 526 594h, 2009). Situada no extremo meridional da illa homónima, xunto a costa do Mar do Sur da China, na entrada do estreito de Taiwán.

Modelo:Xeografía políticaKaohsiung
高雄市 (zh-tw)
Ko-hiông-chhī (nan)
高雄市 (nan-hani)
Ko-hiông-tshī (nan) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Símbolo oficialOlho-branco-do-japão (pt) Traducir (aves)
Ceiba speciosa (flor)
Ceiba speciosa (árbore) Editar o valor en Wikidata
EpónimoQ96175961 Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°36′54″N 120°17′51″L / 22.615, 120.2975
País insularTaiwán Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.733.964 (2023) Editar o valor en Wikidata (926,19 hab./km²)
Número de fogares1.157.284 (2024) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadaLíngua saaroa (pt) Traducir
Língua kanakanavu (pt) Traducir
Lingua rukai
Língua bunun (pt) Traducir
mandarim taiwanês (pt) Traducir
Língua taiwanesa (pt) Traducir
Sixian dialect (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.951,8524 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGaoping River (en) Traducir, Zhuokou River (en) Traducir, Laonong River (en) Traducir e Mar da China Meridional Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoKaohsiung City Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataHan Kuo-yu (en) Traducir (2018–2020) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKaohsiung City Council (en) Traducir Circunscrición: 15, (Escano: 66) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico7 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2TW-KHH Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webkcg.gov.tw Editar o valor en Wikidata
Twitter: KaohsiungCity Editar o valor en Wikidata

Centro portuario, pesqueiro e industrial de importancia, era apenas unha aldea de pescadores ata 1858, en que as excelentes condicións da baía fronte a que se asenta a levaron a se converter en activo porto. Máis tarde, entre 1893-1945, cando a ocupación polos xaponeses e co nome de Takao, estes desenvolveron plenamente o porto e a súa base industrial.

A finais de 2010, produciráse a unión administrativa co Kaohsiung County, o que a levará a se converter nunha metrópole de case que tres millóns de habitantes.

Pobo pesqueiro

editar

Nunha área habitada por varias culturas dende o neolítico, non foi ata comezos do século XVII cando os chineses han da dinastía Ming estableceron o primeiro asentamento pesqueiro na ourela sur da estreita baía (na alongada illa Cijin que a pecha), que chamaron Takau pola tribo aborixe Makatao que a ocupaba. Entre 1624 e 1660, cando a ocupación holandesa da rexión, foi coñecida coma Tancoya e o porto Tancoia, sendo xa un dos máis importantes de pesca no sur da illa.

 
Condado de Wannian coa muralla circular de Zuoying ao norte (esquerda) do porto de Takau.

A partir de 1630 comezou unha grande inmigración dende a provincia de Fuxian no continente debido a época da fame, que fará incrementar a poboación na área especialmente cara a 1680. Neses anos tivo asento na zona o Reino de Tungning (continuísta da dinastía Ming fronte a invasora Qing) que estableceu no distrito de Zuoying da actual cidade (no norte) a capital do condado de Wannian. Ergueron templos e foi fortificada con muralla circular xa no século XVIII (2,6 km, primeira de Taiwán, 1722). Foi destruída en 1761 e reconstruída en 1825-9 (máis de 4 km) pero abandonada de inmediato polos malos augurios e construída na nova capital do condado.

Os Qing conquistaron a illa en 1683 e terminaron trasladando a capital do novo condado de Fengshan ao leste de Takau (hoxe Fengshan, 1788 [1]). Takau quedou convertida no seu porto polos dous séculos seguintes. Os Qing fixeron obras de ampliación e abrírono ao tráfico xeral, co cal o asentamento comezou a teres certa relevancia.

Porto internacional

editar
 
1893, o vello pobo pesqueiro no sur e os novos asentamentos estranxeiros no norte.

Pero non foi ata a segunda metade do século XIX cando comezou a se converteres nunha verdadeira cidade. Despois da segunda guerra do Opio, o Tratado de Tianjin de 1858 forzou a apertura chinesa de novos portos ao comercio estranxeiro. Tres anos despois foi engadido o de Takau.

Dende 1863, ano no que se estableceu a aduana e o consulado británico, as delegacións e asentamentos comerciais doutras nacións empezaron a desenvolver o porto na ourela norte da baía.

Ocupación xaponesa: Takao

editar

Porén, a súa conversión nun porto moderno foi levada adiante polos xaponeses no tempo do seu dominio de Taiwán (1894-1945). O chamaron Takao e de seguido fixeron estudos e plans (1900-1906) para darlle profundidade e extensión mediante recheos, e para traer o ferrocarril, tarefas que implementaron nas décadas seguintes [2].

A vez que o porto, cos cascallos da súa dragaxe, creouse novo solo onde asentar a cidade. Así o primeiro planeamento urbano en Taiwán (1908, 42.000h [3][4]) foi o barrio de Hamasen e contiguo, nas antigas salinas xunto a foz do río Ai, o distrito de Yancheng [5]. A industria que moveu todo este desenvolvemento foi a do azucre (factorías dende 1901), e significou o preámbulo da revolución industrial da illa.

Kaohsiung

editar

En 1920, nunha reorganización administrativa pola crecente importancia de Takao fronte a capital do condado, Fengshan, aparece a súa transcrición fonética Kaohsiung ao mandarín romanizado. De seguido, en 1924, establécese a cidade de Kaohsiung como prefectura independente.

En 1936 foi anunciado o Proxecto de Planeamento Urbano de Kaohsiung que estendería a cidade ao leste do río Ai (distrito de Qianjin), e nas décadas sucesivas, despois da retrocesión de Taiwán a China (1945), continuaría ao norte (ata a vella cidade amurallada de Zuoying), leste (ata a antiga Fengshan) e sur da municipalidade (ata o fondo da baía) completando a metrópole actual.

  1. Mapa mostrando a muralla circular do condado de Wannian e a posterior do condado de Fengshan ao norte e leste respectivamente do porto de Takau [1][Ligazón morta]
  2. Desenvolvemento de Takao durante a ocupación xaponesa[Ligazón morta]
  3. Plan do recheo de Hamasen e Yancheng con terminal de ferrocarril e gran peirao [2]
  4. A cidade ao final da ocupación xaponesa
  5. "Cómic ilustrando o xurdimento de Yancheng". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar