John Kerry
John Forbes Kerry, nado en Aurora (Colorado) o 11 de decembro de 1943,[1] é un político estadounidense. Foi Secretario de Estado dos EEUU, antigo senador de Massachusetts e candidato demócrata á presidencia en 2004, que perdeu ante George W. Bush. Serviu no Senado durante 23 anos e tamén foi vicegobernador de Massachusetts con Michael Dukakis.
En novembro de 2020, o entón presidente electo Joe Biden nomeou a Kerry enviado presidencial especial dos Estados Unidos para o Clima.[2]
Traxectoria
editarVida temperá
editarKerry naceu en 1943 no Fitzsimons Army Medical Center en Aurora, Colorado. O seu pai era un oficial da Forza Aérea do Exército dos Estados Unidos. Estudou na Universidade de Yale e na Facultade de Dereito do Boston College. Foi criado como católico romano polo seu pai católico e nai episcopal.[3]
En 2003 Felix Gundacker, xenealoxista[4] que traballaba co Boston Globe, publicou que os avós paternos de Kerry naceran xudeus, como "Fritz Kohn e Ida Löwe", no Imperio Austrohúngaro, e cambiaron os seus nomes a "Frederick e Ida Kerry" en 1900, converténdose do xudaísmo ao catolicismo.[5]
Carreira
editarEn 1968 e 1969, Kerry era un oficial da Mariña dos Estados Unidos en Vietnam. Durante a campaña de reelección de Obama de 2012, Kerry participou nun ensaio de debate, suplantando o candidato republicano Mitt Romney.[6]
O candidato á vicepresidencia de Kerry foi John Edwards. Perderon as eleccións ante George W. Bush e Dick Cheney. Unha das razóns polas que Kerry perdeu é porque a xente dicía que era un elitista que non entendía á maioría dos estadounidenses) e tamén porque un grupo chamado "Swift Boat Veterans for Truth" atacou o seu servizo en Vietnam.
En novembro de 2006, Kerry pediu desculpas após dicir que os estudantes universitarios necesitaban estudar moito ou, se non, "ficarían atrapados en Iraq".[1]
Secretario de Estado
editarO 21 de decembro de 2012, o presidente Barack Obama nomeou a Kerry para suceder a Hillary Clinton na Secretaría de Estado.[7][8][9] Kerry gañou a confirmación polo Senado o 29 de xaneiro de 2012 nunha votación de 94 a 3.[10][11] Asumiu o cargo o 1 de febreiro de 2013.
Nunha carta ao gobernador de Massachusetts Deval Patrick, Kerry anunciou a súa renuncia ao Senado a partir do 1 de febreiro.[12] Kerry xurou como Secretario de Estado o 1 de febreiro de 2013.[13]
Enviado Especial para o Cambio Climático
editarO 23 de novembro de 2020, o presidente electo Joe Biden anunciou que Kerry servirá como enviado presidencial especial dos Estados Unidos para o cambio climático na administración Biden.[14] Xurou o cargo o 20 de xaneiro de 2021, o mesmo día en que Biden foi investido presidente.
Vida persoal
editarEstivo casado con Julia Thorne desde 1970 até que se divorciaron en 1988. Despois en 1995, casou con Teresa Heinz en Nantucket, Massachusetts.[15] Ten dúas fillas do primeiro matrimonio e tres fillastros, do segundo. Agora vive en Boston, Massachusetts. Kerry e o seu antigo competidor George W. Bush comparten un antepasado por parte materna de Kerry e por parte pai de Bush desde o século XVI.[16]
Kerry mide 1,93 m de altura,[17] gústalle practicar surf e hockey sobre xeo, e tocar o baixo. Segundo unha entrevista que lle concedeu á revista Rolling Stone en 2004, o seu álbum favorito é Abbey Road e tamén é fan dos Rolling Stones e de Jimi Hendrix.[18] Durante a súa campaña presidencial de 2004, Kerry utilizou "No Surrender" de Bruce Springsteen como unha das súas cancións de campaña. Máis tarde adoptaría " Beautiful Day " de U2 como a súa canción oficial.
Saúde
editarEn 2003, a Kerry foi diagnosticado e tratada con éxito de cancro de próstata.[19] O 31 de maio de 2015, Kerry rompeu a perna dereita nun accidente de ciclismo en Scionzier, Francia, e foi trasladado ao Massachusetts General Hospital de Boston para a súa recuperación. O cirurxián ortopédico, o doutor Dennis Burke,[20] que coñecera a Kerry en Francia, acompañouno no avión de Francia a Boston, e operoulle a perna dereita o martes 2 de abril nunha operación de catro horas.[21][22]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Redacción (3 de decembro de 2021). "John Kerry Fast Facts". cnn.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Thomas, Ken; Restuccia, Andrew (23 de novembro de 2020). "Biden Reveals Cabinet Picks for National Security Posts". wsj.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Caldwell, Deborah, "Not a Prodigal Son", beliefnet.com, August 2004.
- ↑ Berger, Joseph (16 de maio de 2004). "Kerry's Grandfather Left Judaism Behind in Europe". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Whitmore, Brian (22 de febreiro de 2004). "Hearing of roots, Czech village roots Kerry on". boston.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Padmaranda, Rama (8 de novembro de 2012). "Likely Suspects: Guessing Obama's Second-Term Cabinet". northcountrypublicradio.org (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Landler, Mark (21 d decembro de 2012). "Kerry Named for the Role of a Lifetime". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Tapper, Jake (15 de decembro de 2012). "John Kerry to Be Nominated to Be Secretary of State, Sources Say". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Redacción (15 de decembro de 2012 [actualizado o 16 de decembro de 2012]). "John Kerry To Get Secretary Of State Nomination, Reports ABC". huffpost.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Roll Call Vote 113th Congress - 1st Session". senate.gov (en inglés). 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "The Rachel Maddow Show, Transcripción 01/29/13". msnbc.com (en inglés). 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Kerry, John (29 de xaneiro de 2013). "Carta de renuncia" (PDF). boston.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Klapper, Bradley; Lee, Matthew (1 de febreiro de 2013). "CLINTON OUT, KERRY IN AS SECRETARY OF STATE". ap.org (en inglés). Archived from the original on 04 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Thomas, Ken; Restuccia, Andrew (23 de novembro de 2020). "Biden Reveals Cabinet Picks for National Security Posts". wsj.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Leibovich, Mark (5 de xuño de 2002). "What Teresa Heinz found and what she lost". post-gazette.com (en inglés). Archived from the original on 17 de agosto de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "CBS News". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Nagourney, Adam (9 de decembro de 2002). "Antiwar Veteran Eager for Battle". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Wenner, Jann S. (11 de novembro de 2004). "John Kerry". rollingstone.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Redacción (11 de febreiro de 2003). "Sen. Kerry 's Surgery A Success". cbsnews.com (en inglés). Archived from the original on 05 de abril de 2005. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dennis William Burke, MD". massgeneral.org (en inglés). 2015. Archived from the original on 23 de agosto de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ AP (2 de xuño de 2015). "Doctors complete surgery on Secretary of State Kerry for broken leg; full recovery expected". usnews.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Brumfield, Ben (1 de xuño de 2015). "U.S. surgeon to meet John Kerry in Geneva after his bike accident". cnn.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Kerry |
Ligazóns externas
editar- JohnKerry.com Arquivado 09 de decembro de 2004 en Wayback Machine. Archived —Sitio web oficial de Kerry
- johnkerry. com/about/john_kerry/military_records.html Rexistros militares de Kerry —Vía Internet Archive
- John Kerry para o Senado Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine. Arquivado -Web oficial da campaña de reelección senatorial de 2008
- Oficina en liña de John Kerry Arquivado 05 de maio de 2010 en Wayback Machine. Arquivado - Páxina oficial do Senado
- Campaña polo noso país Arquivado 02 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Archived —PAC liderado por Kerry
- Carta de John Kerry aos seus pais sobre a morte de Richard Pershing —1968.
- Declaración en nome dos veteranos de Vietnam contra a guerra —abril de 1971.
- Testemuño da audiencia do Senado de John Kerry Arquivado 17 de abril de 2005 en Wayback Machine. Arquivado. Comisión de Relacións Exteriores do Senado en 1971 (arquivo PDF)
- Declaración completa de John Kerry en 1971 ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado da National Review
- Seleccións da declaración de 1971 de John Kerry ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado Arquivado 28 de decembro de 2007 en Wayback Machine. Archived
- The BCCI Affair, A Report to the Committee on Foreign Relations, United States Senate, polo senador John Kerry e o senador Hank Brown, decembro de 1992
- Manifestación de Obama con John Kerry e outros MP3 o 2 de febreiro de 2008 en Sacramento, CA
- ¿Católico irlandés ou xudeu checo? Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine. -A ascendencia étnica xudía de Kerry hai moito tempo perdida
- Schanberg, Sydney H., When John Kerry's Courage Went MIA, The Village Voice, 17 de febreiro de 2004
- Kranish, Michael, John Kerry: Candidate in the making, The Boston Globe, 15 de xuño de 2003
- Perfil: John Kerry, Paul Reynolds, BBC News, 5 de novembro de 2004
- Frontline: the choice 2004: especial de dúas horas que compara Kerry e Bush
- O investigador alega un posible plaxio en 11 pasaxes dos escritos de Kerry