Jean Arthur
Gladys Georgianna Greene, nada en Plattsburgh, Nova York, o 17 de outubro de 1900 e finada en Carmel-by-the-Sea, California, o 19 de xuño de 1991,[1] foi unha actriz estadounidense, coñecida como Jean Arthur.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gladys Georgianna Greene 17 de outubro de 1900 Plattsburgh, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de xuño de 1991 (90 anos) Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, profesora universitaria, actriz de televisión |
Período de actividade | 1923 - |
Empregador | Vassar College (pt) |
Xénero artístico | Wéstern |
Alumnos | Meryl Streep |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarArthur debutou no cinema mudo co filme Cameo Kirby (1923), de John Ford, e despois protagonizou algúns outros filmes. Tomou o seu nome artístico dos seus dous grandes heroes, Xoana de Arco ("Jeanne d'Arc") e o rei Artur ("Arthur").[2] Coa chegada do sonoro, a súa peculiar voz nasal converteuna en estrela. En 1935, traballou xunto con Edward G. Robinson no filme The Whole Town's Talking, tamén de John Ford, co que comezou a facerse popular.
En 1936, tivo como compañeiro a Gary Cooper en Mr. Deeds Goes to Town, dirixido por Frank Capra[3] e en 1939 foi a protagonista doutro filme de Capra, Mr. Smith Goes to Washington, que serviu para consolidar a súa carreira. En 1943 foi candidata ao Óscar á mellor actriz polo seu papel en The More the Merrier, de George Stevens.[4]
A súa carreira comezou a decaer a mediados da década de 1940 e retirouse da escena.[5] En 1948, protagonizou A Foreign Affair, e finalmente o seu derradeiro papel foi nun clásico do western, Raíces profundas (1953), que foi o seu único filme en cor.[6]
Tras retirarse dedicouse ao ensino da interpretación no Vassar College. Regresou brevemente á interpretación na década de 1960 ao interpretar unha comedia televisiva.[7]
Jean Arthur faleceu nunha residencia de anciáns de Carmel, California, por mor dun fallo cardíaco. Tiña 90 anos e vivía retirada coidando o seu xardín dende había 35 anos.[8][7] A petición expresa súa non houbo cerimonia funeraria.[8] Foi incinerada e as súas cinzas foron esparexidas na costa de Punta Lobos, California.[9]
Vida persoal
editarO primeiro matrimonio de Arthur, co fotógrafo Julian Anker en 1928, foi anulado o día seguinte.[10] Casou co produtor Frank Ross Jr. en 1932. Divorciáronse en 1949.[7] Non tivo descendencia.
Filmografía
editar- Mr. Deeds Goes to Town (1936)
- The Plainsman (1936)
- You Can't Take It With You (1938)
- Mr. Smith Goes to Washington (1939)
- Only Angels Have Wings (1939)
- Arizona (1940)
- The Devil and Miss Jones (1941)
- The Talk of the Town (1942)
- The More the Merrier (1943)
- A Foreign Affair (1948)
- Raíces profundas (1953)
Notas
editar- ↑ "Jean Arthur | American actress". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2017-10-22.
- ↑ Modelo:Cite ANB
- ↑ Oller 1997, p. 85-86.
- ↑ "The 16th Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015.
- ↑ Morgan, Kim (2020-05-05). "Jean Arthur, the Nonconformist". The Criterion Collection (en inglés). Consultado o 2020-05-16.
- ↑ Anthony, Elizabeth. "Jean Arthur at Screen Classics." Reelclassics.com, 21 de xullo de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Sarvady et al. 2006, p. 17.
- ↑ 8,0 8,1 "Actress Jean Arthur Dies Wednesday". Tyrone Daily Herald. 20 de xuño de 1991. p. 3. Consultado o 30 de xuño de 2015 – vía Newspapers.com.
- ↑ Brooks, Patricia; Brooks, Jonathan (2006). Laid to Rest in California: A Guide to the Cemeteries and Grave Sites of the Rich and Famous. Globe Pequot. pp. 313–314. ISBN 0-762-74101-5.
- ↑ Oliver, Myrna. "Jean Arthur Dies; Comedy Film Star of the '30s and '40s." Articles.latimes.com, 20 de xullo de 1991. Consultado o 14 de agosto de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Arthur |
Bibliografía
editar- Capra, Frank. Frank Capra, The Name Above the Title: An Autobiography. Nova York: The Macmillan Company, 1971. ISBN 0-306-80771-8
- Harvey, James. Romantic Comedy in Hollywood: From Lubitsch to Sturges. Nova York: Knopf, 1987. ISBN 0-394-50339-2
- Oller, John. Jean Arthur: The Actress Nobody Knew. Nova York: Limelight Editions, 1997. ISBN 0-87910-278-0
- Parish, James Robert. The Hollywood Book of Death: The Bizarre, Often Sordid, Passings of More Than 125 American Movie and TV Idols. Nova York: Contemporary Books, 2002. ISBN 0-8092-2227-2
- Parish, James Robert. The Hollywood Book of Extravagance: The Totally Infamous ... Hoboken, New Jersey: John Wiley and Sons, 2007. ISBN 978-0-470-05205-1
- Sarvady, Andrea, Molly Haskell and Frank Miller. Leading Ladies: The 50 Most Unforgettable Actresses of the Studio Era. San Francisco: Chronicle Books, 2006. ISBN 0-8118-5248-2
- Stenn, David. Clara Bow: Runnin' Wild. Nova York: Doubleday, 1988. ISBN 0-385-24125-9