Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Inmaculada Concepción

O dogma da Inmaculada Concepción é un artigo de fe do Catolicismo que sostén a crenza en que María, nai de Xesús, a diferenza de todos os demais seres humanos, non foi alcanzada polo pecado orixinal senón que, desde o primeiro instante da creación da súa alma, estivo libre de todo pecado.

A Inmaculada Concepción por Francisco de Zurbarán, 1661, Magyar Szépmüvészeti Múzeum de Budapest.

Non debe confundirse esta doutrina coa da maternidade virxinal de María, que sostén que Xesús foi concibido sen intervención de home e que María permaneceu virxe antes, durante e despois do parto.

Ao desenvolver a doutrina da Inmaculada Concepción, a Igrexa católica contempla a posición especial de María por ser nai de Xesús de Nazaret e sostén que Deus preservou a María libre de todo pecado e, aínda máis, libre de toda mancha ou efecto do pecado orixinal, que había de transmitirse a todos os homes e mulleres por ser descendentes de Adán e Eva, en atención a que ía ser a nai de Xesús, que é tamén Deus. A doutrina reafirma coa expresión "chea es de graza" contida no Saúdo do Anxo (Lc. 1,28) e na oración do Avemaría este aspecto de ser libre de pecado pola graza de Deus.

Declaración do dogma

editar

O dogma de Inmaculada Concepción foi declarado polo papa Pío IX, o 8 de decembro de 1854, coa bula Ineffabilis Deus.

Preparación do documento

editar

O papa constituíu, o 1 de xuño de 1848, unha comisión de teólogos. O 2 de febreiro de 1849 enviou ao episcopado católico a encíclica Ubi Primum para perdir a aoponión aos bispos respecto á definición. Dos 603 bispos consultados, 546 foron favorables á definición. Despois destes votos favorables, Pío IX mandou comezar os traballos de redacción definitiva da bula[1].

A Bula Ineffabilis Deus

editar

"...Ad honorem sanctae et individuae Trinitatis, ad decus ornamentum Virginis Deipara, ad exaltationem fidei catholicae et christianae religionis augmentum, auctoritate Domini nostri Iesu Christi, beatorum Apostolorum Petri et Pauli ac Nostra declaramus, pronuntiamus et definimus, doctrinam, quae tenet, beatissimam Virginem Mariam in primo instanti suae conceptionis fuisse singulari omnipotentis Dei gratia et privilegio, intuitu meritorum Christi Iesu Salvatoris humani generis, ab omni originalis culpae labe preservatam inmunem esse a Deo revelatam atque idcirco ad omnibus fidelibus firmiter constanterque credenbam.

Quapropter si qui secus ac a Nobis definitum est, quod Deus avertat, praesumpserint corde sentire, ii noverint ac porro sciant, se proprio iudicio condemnatos, naufragium circa fidem passos esse et ab unitate Ecclesiae defecisse, ac praetera facto ipso suo semet poenis a iure statutis subiicere, si, quod corde sentiunt, verbo aut scripto vel alio quovis externo modo significare ausi fuerint."

...Para a honra da santa e indivisa Trindade, para decoro e ornamento da Virxe Deípara, para exaltación da fe católica e incremento da relixión cristiá, coa autoridade do Noso Señor Xesucristo, dos benaventurados apóstolos Pedro e Paulo e a nosa propia declaramos, proclamamos e definimos a doutrina que sostén que a beatísima Virxe María, no primeiro instante da súa concepción, por singular graza e privilexio de Deus omnipotente, tendo presentes os méritos de Xesucristo, Salvador do xénero humano, foi preservada inmune de toda mancha da culpa orixinal, é revelada por Deus e por iso debe ser creída firme e constantemente por todos os fieis.

Por tanto, se algúns ousasen, o que Deus non permita, sentir no seu corazón algo diferente do que foi por Nós definido, tomen coñecemento e saiban que, condenados polo seu propio xuízo, naufragarán na fe e están separados da unidade da Igrexa, e ademais incorrerán automaticamente nas penas establecidas pola lei se se atreveran a manifestar de palabra, por escrito ou de calquera outro modo externo, o que pensan no corazón."

A bula considera que a inmaculada concepción de María é consecuencia da súa maternidade. Deus tiña nos seus designios desde tódolos tempos que o seu Fillo se fixese carne e nacese de muller. Por iso, en previsión deste misterio dotou á virxe de todo tipo de dons e virtudes, así ela "sempre absolutamente libre de toda mancha de pecado, toda fermosa e perfecta, posúe tal plenitude de inocencia e santidade que de modo nigún se pode concibir maeirande despois de Deus..." (Bula Ineffabilis Deis).

  1. Denzinger, H.: Enchiridion Symbolorum (versión brasileira); San Paulo, 2007 Ed. Paulinas, pax. 614

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar