Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Hugo de Vries

botánico neerlandés

Hugo Marie de Vries, nado en Haarlem o 16 de febreiro de 1848 e finado en Lunteren o 21 de maio de 1935, foi un botánico neerlandés e un dos primeiros xenetistas. É un dos tres biólogos, xunto a Carl Correns e Erich von Tschermak que en 1900 redescubriron as leis fundamentais da xenética publicadas primeiro por Gregor Mendel en 1866.

Modelo:BiografíaHugo de Vries

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1848 Editar o valor en Wikidata
Haarlem, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Lunteren, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rector of the university of Amsterdam (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, catedrático, xenetista, biólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicade Vries Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
ParentesAlice Gertrud Brunner, neta Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Де Фриз Хуго)
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1666518 WikiTree: De_Vries-2948

Traxectoria

editar

De Vries, formouse nas universidades de Leiden, Heidelberg e Wurzburg. Foi nomeado profesor de Botánica da Universidade de Ámsterdan en 1878. Iniciou o seu traballo investigador abordando diversos problemas da fisioloxía vexetal, como o fluxo de substancias desde e cara ao protoplasma, ou a orientación do crecemento das plantas. De Vries destacou nesta etapa polas súas achegas á comprensión da osmose, e débeselle o concepto e o termo de isotónico. Como axudante de Van't Hoff, axudou a sentar as bases da teoría das solucións ideais.

En 1889 publicou "Panxénese intracelular" recuperando unha interpretación errada da herdanza xenética que primeiramente fora proposta por Darwin. De Vries, empezou a experimentar coa hibridación de variedades de plantas en 1886, traballando cunha poboación de Oenothera lamarckiana dun cenagal. Deduciu as mesmas conclusións que Mendel trinta anos antes: que a herdanza dos trazos específicos é discreta (funciona coma se baseásese en partículas). Ata especulou coa posibilidade de que os mesmos xenes (que el chamou panxenes) determinasen os caracteres equivalentes de especies emparentadas pero distintas, interpretación na que se adiantou considerablemente ás persoas da súa época.

Ao final da década, de 1890 De Vries tivo noticia do semiolvidado artigo de Mendel e axustou a súa propia terminoloxía á da seu precursor. Non citou a este, con todo, cando publicou en 1900 os seus resultados en Comtes Rendus de l'Académie des Sciences, foi criticado por Correns, véndose De Vries obrigado a recoñecer a prioridade de Mendel. Xubilouse da Universidade de Ámsterdan en 1918, aínda que, continuou na investigación activa con temas novos.

De Vries, é relevante na historia da Bioloxía por iniciar o que parecía unha explicación da evolución biolóxica superior á de Darwin. Mentres este centrou a interpretación mecanicista do fenómeno evolutivo na selección natural, De Vries fíxoo na mutación. A teoría, coñecida como mutacionismo, chegou a preponderar durante un par de décadas do principio do século. O seu éxito foi efémero, e terminou cando Fisher, Morgan, Mohamed e Wright fundamentaron matematicamente, a través da análise do comportamento xenético das poboacións, a evolución por selección e deriva xenética.

A médica e educadora Maria Montessori fundamentouse nos seus estudos para establecer o seu principio dos períodos sensibles na aprendizaxe. Establecendo que para que se produza doadamente unha aprendizaxe as experiencias que o permiten deben producirse nun lapso temporal, que será diferente segundo o tipo de aprendizaxe que se vaia producir.

Abreviatura

editar

A abreviatura de Vries emprégase para indicar a Hugo de Vries como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

  • Intracellular Pangenesis (1889).
  • The Mutation Theory (1900-03).
  • Species and Varieties: Their Origin by Mutation (1905).
  • Plant Breeding (1907).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar