Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Denomínase hemolinfa[1][2] ao líquido circulatorio dos artrópodos, moluscos (agás nos cefalópodos) e outros invertebrados etc. análogo ao sangue dos vertebrados.[3]

Trátase dun líquido corporal de transporte que baña directamente órganos e tecidos e enche os vasos e as cavidades hemocélicas (lagoas, seos) propias dos animais se sistema criculatorio aberto.[4]

Etimoloxía

editar

O termo hemolinfa está formnado polo elemento do latín científico hemo-, tirado do grego antigo ἁἱμο- haimo-, derivado de ἁἷμα haîma, 'sangue', e a voz latina lympha 'auga' (antigamente *limpa; ver límpido), forma pseudogrega, por asociation con nympha, do grego antigo νύμφη nýmphē 'ninfa', personaxes femininos da mitoloxía grega que vivísn nos mananciais e nos ríos, etre outros lugares.

Composición

editar

A súa composición varía moito dunha especie a outra. Pode ser de diferentes cores ou incluso incolora; os pigmentos adoitan proceder da alimentación ou dos procesos metabólicos, e non teñen ningunha función biolóxica, xa que o transporte de gases é independente do aparato circulatorio.

Contén células sanguíneas de diferentes tipos e funcións.[3]

Funcións

editar

As principais funcións da hemolinfa son:

Sistema circulatorio

editar

O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente pola hemolinfa. Salvo excepcions, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón, e está dotado de varias aberturas laterais chamadas ostíolos que permiten a entrada de hemolinfa nel. A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas.

O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e a propulsa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse polos tecidos cara á cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.

Fálase de hemolinfa en organismos que no teñen celoma. En cambio, os organismos con celoma posúen sangue.

  1. hemolinfa s f ZOOL Fluído do celoma dalgúns invertebrados que ten como funcións principais o almacenamento e transporte de auga e de substancias nutritivas por todo o corpo, a destrución de células estrañas e servir de vehículo dos produtos de desfeito ata os tubos de Malpighi, onde son absorbidos. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  2. HEMOLINFA s.f. Fluído do celoma que se atopa nalgúns insectos e atrópodos (sic) [e que erroneamente se ten confundido co sangue e coa linfa dos organismos superiores]. No Gran dicoinario Xerais da lingua, Vol. 2, Vigo, Xerais, ISBN 978-84-9914-072-4.
  3. 3,0 3,1 Wyatt, G. R. (1961). "The Biochemistry of Insect Hemolymph". Annual Review of Entomology 6: 75–102. doi:10.1146/annurev.en.06.010161.000451. 
  4. hemolinfa, en Garrido, Carlos (1997).
  5. Triplehorn, Charles A; Johnson, Norman F (2005). Borror and DeLong's introduction to the study of insects. (7th ed.). Australia: Thomson, Brooks/Cole. ISBN 9780030968358. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.
  • Chapman, R. F. (1998): The Insects: Structure and Function, 4th ed. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-57890-5.
  • Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar