Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

HSV Hamburg

equipo de balonmán da cidade de Hamburgo (Alemaña)

O HSV Hamburg é un equipo de balonmán da cidade de Hamburgo, Alemaña. Actualmente compite na máxima categoría do balonmán alemán, a Handball-Bundesliga.

HSV Hamburg
Nome completoHandball Sport Verein Hamburg e.V.
CidadeHamburgo, Alemaña Alemaña
Historia1999
Fundado1999
PavillónO2 World Hamburg (13.296)
Sporthalle Hamburg (4.144)
PresidenteAlemaña Karl Gladeck
AdestradorAlemaña Michael Biegler
CompeticiónHandball-Bundesliga
Títulos
Champions League1 (2013)
Recopa1 (2007)
Handball-Bundesliga1 (2011)
DHB-Pokal2 (2006, 2010)
DHB-Supercup4 (2004, 2006, 2009, 2010)
Cores               Azul, negro e branco
Na rede
http://www.hsvhandball.com/
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

O HSV Hamburgo non é unha sección do Hamburger Sportverein; só ten dereito de empregar o seu logo e as súas siglas para obter máis publicidade. Dende 2008 uniron os seus equipos de categorías inferiores no SG HSV Handball.

Historia

editar

O HSV Hamburg é a antiga sección de balonmán do VfL Bad Schwartau e o HSV Lübeck, fusionados en 1999 dando lugar ao SG VfL Bad Schwartau-Lübeck. En 2002 foron realoxados en Hamburgo para medrar e acadar un maior renome. Logo da resituación sufriron problemas financeiros e case perderon a licenza para competir na Primeira Liga de Balonmán de Alemaña.[1] Iso cambiou coa chegada de Andreas Rudolph como propietario e coa súa axuda financeira. En 2004 chegou o primeiro título da súa historia ao gañar a Supercopa de Alemaña tras derrotar o SG Flensburg-Handewitt por 24 a 25, sendo subcampión da Copa de Alemaña. En 2008 participou por primeira vez na Liga de Campións e acadou as semifinais, nas que caeu fronte ao BM Ciudad Real na eliminatoria disputada a dobre partido por 27-34 e 32-26. En 2013 o equipo logrou a súa primeira e única Liga de Campións até o momento logo de vencer o FC Barcelona por 20 a 29 no Lanxess Arena de Colonia.

Palmarés

editar

Cadro de xogadores da tempada 2015-2016

editar
 
O expresidente do HSV Andreas Rudolph.
 
O HSV celebrando un triunfo na tempada 201172012.
Nome Nacionalidade Posición
1 Johannes Bitter Alemaña  Porteiro
2 Kevin Schmidt Alemaña  Extremo esquerdo
3 Stefan Schröder Alemaña  Extremo dereito
5 Draško Nenadić Serbia  Lateral esquerdo
6 Casper Ulrich Mortensen Alemaña  Extremo esquerdo
7 Matthias Flohr Alemaña  Extremo esquerdo
9 Piotr Grabarczyk Polonia  Pivote
11 Allan Damgaard Dinamarca  Central
12 Jens Vortmann Alemaña  Porteiro
14 Ilija Brozović Croacia  Pivote
16 Justin Rundt Alemaña  Porteiro
18 Hans Lindberg Dinamarca  Extremo dereito
19 Tom Wetzel Alemaña  Lateral esquerdo
20 Maciej Majdziński Polonia  Central
21 Tim-Oliver Brauer Alemaña  Pivote
23 Pascal Hens   Alemaña  Lateral esquerdo
24 Dener Jaanimaa Estonia  Lateral dereito
25 Davor Dominiković Croacia  Lateral esquerdo
26 Adrian Pfahl Alemaña  Lateral dereito
28 Felix Mehrkens Alemaña  Extremo esquerdo
43 Alexander Feld Alemaña  Central

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar