Gran Premio de Hungría
O primeiro Gran Premio de Hungría disputouse o 21 de xuño de 1936 sobre un circuíto trazado nun parque cerca do centro de Budapest. Os construtores Mercedes-Benz, Auto Union e Ferrari enviaron tres automóbiles cada un e o evento atraeu a unha gran multitude. Con todo, a política e a próxima segunda Guerra Mundial significaron o final das competicións automobilísticas por máis de cincuenta anos.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Hungaroring (Mogyoród) 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111 |
Lonxitude | 4,381 km |
País | Hungría |
Vixencia | 1936 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Esteban Ocon |
Outro | |
Páxina web oficial | hungaroinfo.com… |
Historia
editarO primeiro Gran Premio de Fórmula 1 a disputarse detrás do telón de ferro foi o Gran Premio de Hungría de 1986, no circuíto de Hungaroring, preto de Budapest. Esta carreira dispútase xeralmente a mediados do verán de Europa e ten a característica única que ata a data nunca choveu durante as competencias. Con todo, no Gran Premio do ano 2006, si choveu. Actualmente o Gran Premio de Hungría atrae afeccionados de diversos países da rexión que non teñen un Gran Premio local, por exemplo dos países escandinavos.
Debido á natureza da pista, estreita, sinuosa e frecuentemente empoeirada pola falta de uso, no Gran Premio de Hungría fórmanse xeralmente grupos de ata seis vehículos seguindo todos a outro un pouco máis lento ao que non é posible dobrar. En 1990 Ayrton Senna non puido adiantar aThierry Boutsen, malia semellar máis lento. Este é un dos circuítos onde a estratexia nos pits é máis crucial. O mellor exemplo diso viuse no Gran Premio de 1998 cando o equipo Ferrari de Michael Schumacher cambiou de estratexia a metade de carreira e logrou colocar o seu corredor en posición de gañar ao final das paradas. Os adiantamentos entre pilotos son raros neste circuíto, pero unha notable excepción foi cando Nigel Mansell en 1989 partindo da posición 12 adiantou coche por coche e terminou tomando a dianteira ao aproveitar que Ayrton Senna estaba atascado pasando a un corredor máis lento. En 2003 efectuáronse modificacións no circuíto nun intento de facilitar os adiantamentos.
Outros grandes momentos neste circuíto inclúen a primeira vitoria para Damon Hill (en 1993), e para Fernando Alonso (en 2003). En 2001, Michael Schumacher igualou neste circuíto a Alain Prost en número de vitorias.
En 2006, Jenson Button logrou a súa primeira vitoria en Fórmula 1, e Pedro de la Rosa o seu primeiro podio (2º posto). Esta carreira desenvolveuse por primeira vez en carreira de Fórmula 1 neste circuíto con choiva, e destacou por ser moi accidentada e polo seu gran número de abandonos, incluíndo os de Michael Schumacher e Fernando Alonso. Foi unha das máis emocionantes da tempada.
En 2007 Lewis Hamilton logrou a súa terceira vitoria despois de que a Fernando Alonso a FIA sancionáselle debido a unha obstaculización de boxes intencionada. Demostrouse que non foi intencionadamente e que Hamilton desobedeceu as ordes do muro. O 2º posto foi para Kimi Räikkönen e terceiro para Nick Heidfeld.
En 2008, Heikki Kovalainen conseguiu a súa primeira vitoria en Fórmula 1, logo da rotura de motor de Felipe Massa nas últimas voltas, acompañáronlle no podio, Glock que foi o seu primeiro podio en Fórmula 1 e Raikkonen. O poleman Lewis Hamilton finalizou quinto, detrás de Alonso que logrou un dos mellores resultados da tempada, por culpa dunha picada.
No Gran Premio de Hungría de 2013, confirmouse que Hungría seguirá sendo sede dunha carreira de Fórmula 1 ata 2022.
Patrocinadores
editarGañadores do Gran Premio de Hungría
editarPilotos gañadores múltiples
editarSó inclúe probas do Campionato do Mundo
Nº de vitorias | Piloto | Anos |
---|---|---|
8 | Lewis Hamilton | 2007, 2009, 2012, 2013, 2016, 2018, 2019, 2020 |
4 | Michael Schumacher | 1994, 1998, 2001, 2004 |
3 | Ayrton Senna | 1988, 1991, 1992 |
2 | Nelson Piquet | 1986, 1987 |
Damon Hill | 1993, 1995 | |
Jacques Villeneuve | 1996, 1997 | |
Mika Häkkinen | 1999, 2000 | |
Jenson Button | 2006, 2011 | |
Sebastian Vettel | 2015, 2017 | |
Max Verstappen | 2022, 2023 |
Escudarias gañadoras
editarOs equipos en letra grosa compiten actualmente na Fórmula 1.
Nº de vitorias | Construtor | Anos |
---|---|---|
12 | McLaren | 1988, 1991, 1992, 1999, 2000, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011, 2012 2024 |
7 | Williams | 1986, 1987, 1990, 1993, 1995, 1996, 1997 |
Ferrari | 1989, 1998, 2001, 2002, 2004, 2015, 2017 | |
5 | Mercedes | 2013, 2016, 2018, 2019, 2020 |
4 | Red Bull | 2010, 2014, 2022, 2023 |
Ano a ano
editarAs carreiras que non forman parte do campionato de Fórmula 1 están sinaladas cun fondo de cor rosada.
Notas
editar- ↑ "2014 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com.
- ↑ "2015 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com.
- ↑ "2017 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com.
- ↑ "2018 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com.
- ↑ "Formula 1 Rolex Magyar Nagydíj 2018". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ "2019 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com.
- ↑ "Hungary". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Hungary". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 2 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |