Gránulo azurófilo
Un gránulo azurófilo é un gránulo celular doadamente tinguible coa tinguidura Romanowsky. Nos glóbulos brancos do sangue (e nas zonas hipercromatínicas), a tinguidura da célula dá a estas partes unha cor con tons bordeos, borgoña ou merlot. No caso dos neutrófilos os gránulos azurófilos conteñen unha ampla variedade de defensinas antimicrobianas, que se fusionan cos vacúolos fagocíticos. Os gránulos azurófilos poden conter mieloperoxidase, fosfolipase A2, hidrolases ácidas, elastase, defensinas, serina proteases neutras, proteína que incrementa a permeabilidade/bactericida,[1] lisozima, catepsina G, proteinase 3 e proteoglicanos.
Os gránulos azurófilos das células da liña mielocítica granulocitica tamén se denominan gránulos primarios.[2]
Células en réptiles
editarAdemais, o termo "azurófilo" pode referirse a un tipo de células especial que se encontran só en réptiles, chamadas células azurófilas. Estas células son similares en tamaño ás denominadas heterófilas, con abundante citoplasma que pode ser desde finamente a groseiramente granular e ás veces pode conter vacúolos. Os gránulos poden darlle ao citoplasma da célula un ton púrpura, especialmente na rexión externa. Ocasionalmente, as células azurófilas presentan citoplasma vacuolado.[3]
Notas
editar- ↑ "Phagocytes-Neutrophils". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2020.
- ↑ John P. Greer; Maxwell Myer Wintrobe (1 December 2008). Wintrobe's clinical hematology. Lippincott Williams & Wilkins. p. 173. ISBN 978-0-7817-6507-7. Consultado o 10 November 2010.
- ↑ Bonnie Ballard; Ryan Cheek (May 4, 2010). Exotic Animal Medicine for the Veterinary Technician (2 ed.). Wiley-Blackwell. p. 391. ISBN 978-0813822068.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |