Giuseppe Bazzani
pintor italiano
Giuseppe Bazzani, nado en Mantua o 23 de setembro de 1690 e finado o 17 de agosto de 1769 no mesmo lugar, foi un pintor italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1690 Mantua, Italia |
Morte | 17 de agosto de 1769 (78 anos) Mantua, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Mantua |
Ocupación | pintor |
Movemento | Barroco |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Domenico Conti |
Descrito pola fonte | Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:1, p.197) |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia de ourives, foi discípulo de Giovanni Canti e realizou as súas primeiras obras, como A anunciación, nun estilo próximo ao que se estaba a realizar en Venecia, pero a partir de 1720 a súa fonte de inspiración vai vir das obras de Rubens e Paolo Veronese. Dende 1752 foi profesor na Academia de Belas Artes de Mantua, e as súas obras cada vez presentan un maior manierismo.