Galerio
Caius Valerius Galerius Maximianus, nado en Serdica (actual Sofía, daquela na provincia de Moesia Superior) arredor do ano 260 e finado na mesma vila en abril ou maio do ano 311, foi un emperador do Imperio Romano, máis coñecido como Galerio.
Nome orixinal | (la) Gaius Galerius Valerius Maximianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Galerius Maximinus 250 Dacia, Roma Antiga |
Morte | 5 de maio de 311 (Gregoriano) (60/61 anos) Serdica (Imperio Romano) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Sofía |
Emperador romano | |
1 de maio de 305 (Gregoriano) – maio de 311 (Gregoriano) | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político, gobernante |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Galeria Valeria |
Fillos | Maximino Daia, fillo adoptivo, Valeria Maximila, Candidianus |
Pais | valor descoñecido Diocleciano e Romula |
Irmáns | Galeria |
Parentes | Maximino Daia, fillo da irmá |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Traxectoria
editarFillo dunha humilde familia, adicouse na súa xuventude a coidar gando, o que lle valeu o alcuño de Armentarius. A súa educación militar levouno a realizar unha brillante carreira militar baixo os emperadores Aureliano e Probo. Fillo adoptivo de Diocleciano, quen o nomeou César durante a Tretarquía no 293, casando ao mesmo tempo con Valeria, filla natural de Diocleciano. Recibiu para gobernar todos os Balcáns, excepto a Tracia.
Tanto o Augusto como o César dedicaron os seus esforzos a poñer paz nos territorios orientais, emprendendo a guerra contra os persas que ocuparan Armenia e Mesopotamia. Nun primeiro momento, Galerio foi derrotado polos persas, pero na segunda campaña derrotounos de tal xeito que chegou a recuperar todos os territorios e conseguiu a firma dunha paz que durou corenta anos.
No 303, Galerio instou a Diocleciano á persecución dos cristiáns, que se negaban a aceptar o culto ao emperador, un dos piares da recuperación política. Empréndese entón, especialmente na parte oriental do Imperio, a derradeira persecución contra a igrexa e a cristiandade, xa que foron derrubados templos e igrexas, perseguidos e martirizados moitísimos cristiáns. Foron expulsados do exército e de todos os cargos públicos, queimáronse libros sagrados e cando había algunha liorta, todo se resolvía matando algúns deles, xa que tiñan a culpa de todo. Posibelmente foi a persecución máis cruenta da historia do imperio.
Como Augusto
editarNo ano 305, Diocleciano abdicou como prometera e obrigou a facer o mesmo a Maximiano no occidente. Galerio convértese en emperador da parte oriental do Imperio.
Pero tomando ao seu cargo o mesmo papel que desempeñara Diocleciano, el nomea os césares das dúas partes do Imperio. Os elixidos foron Flavio Valerio Severo para Occidente e Valerio Maximiano Daia para Oriente. Estes nomeamentos non sentaron ben en Occidente, xa que o augustus desa parte, Constancio I Cloro, tiña a intención de nomear o seu fillo Constantino e Maximiano coidaba que Maxencio, o seu fillo, tamén tiña dereitos sobor do trono occidental. A crise estaba servida.
O primeiro en actuar foi Maxencio, que se autoproclamou augustus en Roma, e chamou ao seu carón o seu pai, quen non tardou en secundar os planos do seu fillo. Galerio envía a sufocar esta rebelión a Severo II, que foi vencido e feito prisioneiro en Rávena. Levado a Roma e condenado a morte.
Mentres isto ocorría, Constancio estaba ocupado nunha campaña contra os pictos en Britania. Pero morre en Eboracum (York) no 306. Seu fillo Constantino vai cara a Britania, onde é elixido Augustus polas lexións.
Galerio atópase de súpeto cun grave problema. Tenta resolvelo invadindo Italia para rematar con Maxencio e Maximiano, pero é rexeitado e vai cara a Panonia. Diocleciano, dende o seu retiro tenta de arbitrar a situación, pero non ten moito éxito. No ano 308, xúntanse en Carnotum (Panonia) para arranxar a crise. Constantino é degradado a César, Maxencio é posto fóra da lei coma inimigo público, Licinio é nomeado Augustus para reconquistar Italia e o Norte de África, mentres que en Oriente as cousas seguen igual que antes. Pero eran feridas que se pechaban en falso, xa que a elección de Licinio coma augustus sen pasar polo cargo de César non foi ben aceptada nin por Constantino nin por Maximiano, quen pouco despois tentaba de loitar contra o seu xenro con pouca sorte, xa que foi obrigado a se suicidar.
No ano 311, Galerio morre de morte natural. Pouco antes de morrer fai público un edicto de tolerancia para os cristiáns, emitido en Serdica, permitindo a reconstrucións das igrexas e o culto. Tal troco na súa actitude crese que foi debido á terrible enfermidade (posiblemente cancro) que o levou a pedir axuda ao Deus dos cristiáns.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Constancio I Cloro |
Galerio | Precede a: Flavio Severo |
Tetrarquia |