Formigón
O formigón[1] é un material de construción composto por unha mestura de cemento, áridos (area, pedras.. ) e auga, alén doutros materiais eventuais como aditivos.
O seu uso como formigón en masa é moi amplo, pero máis importante é a súa utilización con reforzos de aceiro. O formigón, como todos os materiais pétreos ten moi bo comportamento a compresión e bastante peor á tracción, polo que se combina con reforzos (ferralla) para conseguir un material cun comportamento equilibrado. Isto vese favorecido por teren os dous materiais coeficientes de dilatación similares, e polo tanto non sofren cos cambios de temperatura.
Cando está armado con ferrallas pasivas, recibe o nome de formigón armado, e cando o é con ferrallas activas recibe o nome de formigón pretensado.
Historia
editarO formigón moderno foi desenvolido por Joseph Aspdin en 1824. Este conseguiu o 21 de outubro de 1824 que lle concederan a Patente Británica BP 5022 titulada Unha Innovación no Modo de Producir unha Pedra Artificial, a cal el designou co termo "Cemento Portland". Isto débese a que, nas súas investigacións, chegou a mesturar po de creta e arxila con auga, grava e area, e o resultado foi unha pedra artificial moi semellante á calcaria natural da rexión inglesa de Portland.[2]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para formigón.
- ↑ Roth, Leland M. (1999). Entender la arquitectura (en castelán). Barcelona: Gustavo Gili. p. 32. ISBN 978-84-252-2580-2.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Formigón |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de formigón |