Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Festival de Cinema de Tribeca

festival anual de cine en Nova York, EUA

O Festival de Cinema de Tribeca (en inglés: TriBeCa Film Festival) foi creado no ano 2002 polo produtor cinematográfico Jane Rosenthal e o actor Robert De Niro, en resposta á perda de vitalidade do barrio neoiorquino de Tribeca despois dos atentados do 11 de setembro de 2001.

Festival de Cinema de Tribeca
Logo
Tipofestival de cinema
Data de fundación2002
Fundador(es)Jane Rosenthal, Robert De Niro e Craig Hatkoff
PaísEstados Unidos de América
40°43′06″N 74°00′28″O / 40.7183, -74.0078
Na rede
https://tribecafilm.com/
IMDB: ev0000894 Twitter: tribeca Instagram: tribeca Youtube: UChMc3c7Xvv6ol1Zv47Ja39A Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cada ano, o festival acolle máis de 600 proxeccións con aproximadamente 150.000 asistentes e premia a artistas independentes en 23 categorías competitivas con xurado.[1]

Historia

editar

Con preto de 250 filmes e máis de 1.000 proxeccións en 2006 e 2007, o de TriBeCa é hoxe en día un dos festivais de cinema máis destacados no mundo. O seu programa ofrece aos asistentes unha gran variedade de filmes independentes, incluíndo documentais, curtametraxes e longametraxes narrativos, e un programa de filmes aptos para toda a familia. Conta tamén con mesas redondas, onde discuten diversas personalidades do mundo do entretemento, e un salón musical, producido en conxunto coa ASCAP (Sociedade Americana de Compositores, Autores e Editores), para permitir a exhibición de artistas consagrados e novatos. Un dos compoñentes máis distintivos do festival son os seus premios Artists Awards, no que artistas tanto emerxentes como recoñecidos outórganlle obras de arte orixinais aos gañadores do festival. Algúns dos artistas que colaboraron con estes premios son Chuck Close, Alex Katz e Julian Schnabel.

Malia isto, algúns críticos afirman que o Festival de Cinema de Tribeca é tan só unha plataforma de lanzamento para grandes producións de Hollywood e proxectos dirixidos por celebridades, e que non se cumpre co obxectivo de axudar aos cineastas ou á comunidade independente de Nova York.

  1. "2019 TRIBECA FILM FESTIVAL HIGHLIGHTS & ICYMI MOMENTS". Tribeca. Consultado o 2020-09-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar