Essex
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Essex é un condado situado ao leste de Londres, formando parte da rexión oriental de Inglaterra. Ocupa unha área de 3.670 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1 737 900 habitantes.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Leste de Inglaterra | ||||
Capital | Chelmsford | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.856.063 (2020) (505,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.669,6597 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | GB-ESS | ||||
Código NUTS | UKH3 | ||||
Sitio web | essex.gov.uk |
A capital do condado é a cidade de Chelmsford, sendo a súa cidade máis importante. Outras cidades salientables de Essex son Colchester (a cidade máis vella da Inglaterra), e Southend, un dos maiores balnearios do Reino Unido.
Limita co Gran Londres e con Hertfordshire, Cambridgeshire e Suffolk. A súa fronteira con Kent é o río Támese.
A orixe do nome "Essex" está no antigo reino de Essex, fundado polos anglosaxóns cara ao ano 600. Os saxóns chegaron a Gran Bretaña, primeiro como foederati do Imperio Romano e despois como colonos, cara finais do século IV. Os que se asentaron no leste, ó longo da vía que comunicaba Londinium e Camulodunum foron chamados estseaxni (saxóns orientais), nome que, co paso dos séculos, derivou no actual Essex.
Distritos
editarDistritos do condado de Essex | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nº | Distrito | Poboación | |||||
1 | Harlow | 78.889 | |||||
2 | Epping Forest | 124.700 | |||||
3 | Brentwood | 74.800 | |||||
4 | Basildon | 175.200 | |||||
5 | Castle Point | 86.608 | |||||
6 | Rochford | 83.400 | |||||
7 | Maldon | 63.200 | |||||
8 | Chelmsford | 169.500 | |||||
9 | Uttlesford | 77.500 | |||||
10 | Braintree | 144.000 | |||||
11 | Colchester | 181.000 | |||||
12 | Tendring | 148.500 | |||||
13 | Thurrock | 159.700 | |||||
14 | Southend-on-Sea | 165.300 |
Galería
editar-
Catedral de Chelmsford.
-
Castelo de Colchester.
-
Aeroporto de Stansted.
-
Ponte de Isabel II sobre o Támese.
-
Reino de Essex na idade Media.
Notas
editar- ↑ "UK Government Web Archive" (PDF). webarchive.nationalarchives.gov.uk. Consultado o 2023-05-08.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Essex |