Elixio Rivas
Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925 e finado en Salamanca o 24 de setembro de 2022, foi un frade paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. Foi tamén un recoñecido difusor do Camiño de Santiago.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1925 Fondo de Vila, España |
Morte | 24 de setembro de 2022 (97 anos) Salamanca, España |
Actividade | |
Ocupación | irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo |
Membro de | |
Orde relixiosa | Congregación da Misión |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarCon once anos marchou estudar para o colexio do santuario dos Milagres (Baños de Molgas), aos poucos días de comezar a Guerra Civil española. Formouse para frade na orde dos Paúis, primeiro en Limpias (Cantabria), e logo en Murgia (Áraba) e Madrid. Ordenouse como irmán da orde dos Padres Paúis, pero tivo que regresar á casa familiar pola morte do pai e pola propia enfermidade.[1]
Quixo ir en misións á India, pero pola súa debilidade de saúde enviárono a Inglaterra (Dunstable e Potters Bar, ao norte de Londres), onde permaneceu entre 1946 e 1955. De aí foi enviado á Igrexa da Mercede da Habana (Cuba), onde estivo entre 1955 e 1961, e de onde saíu ao ser expulsado do país logo dos cambios políticos e sociais que trouxo a Revolución Cubana (1959). Da Habana marchou primeiro a Miami, e logo a Porto Rico, e finalmente regresou a Galicia e exerceu como secretario no colexio San Narciso de Marín durante 21 anos. Despois marchou aos Milagres do Medo, en Vide (Baños de Molgas), e foi docente nos campus universitarios de Lugo e Ourense.
Nos últimos meses da súa vida retirouse a vivir en Salamanca, onde finou o 24 de setembro de 2022.
Como lingüista
editarDurante os anos de docencia en Marín realizou a licenciatura en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Para a súa tesiña de licenciatura fixo un traballo sobre toponimia de Marín, que ampliou posteriormente e presentou como tese de doutoramento na mesma universidade en 1978, e publicou no ano 1982. O seu labor como lingüista levouno sobre todo aos eidos da toponimia e da lexicografía. A súa obra, publicada por entregas e en edicións independentes, centrouse en apañar palabras do galego popular, centrado sobre todo nas culturas campesiñas das Rías Baixas e, máis notablemente, na Limia e nas comarcas do interior ourensán.
Foi membro da Comisión de Toponimia de Galicia do Consello da Cultura Galega desde 1978, e correspondente da Real Academia da Historia.
Boa parte dos materiais lingüísticos creados ou manexados por el doounos ó Centro Ramón Piñeiro (Santiago de Compostela) en 2017 [2].
Camiño de Santiago
editarDesde os anos da década de 1970, Rivas Quintas á par do seu traballo investigador no campo lingüístico do galego, realizou un infatigábel labor en pro da restauración da ruta sur do camiño de Santiago e difundiu o coñecemento da terra ourensá da Limia. Foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.
Distincións
editar- Premio Otero Pedrayo en 1980.
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia no ano 2000.
- Medalla de ouro da provincia de Ourense polo seu labor a prol da etnografía e da lingua galegas, en 2019[3]
Publicacións (selección)
editarLexicografía
editar- Frampas: contribución al diccionario gallego. Salamanca. CEME. Salamanca. 1978, 181 páxs + 4 mapas ISBN 84-7349-019-3
- Frampas II; contribución al diccionario gallego. Lugo. Alvarellos. 1988, 148 páxs.
- Frampas III, en Dicionario de Dicionarios (2001) e Ed. do autor (2014)
- Millo e hórreo. Legumia e cestos. Santiago. Laiovento. 1996. ISBN 84-87847-81-1
O primeiro Frampas contiña 4.584 lemas, o Frampas II 3.403 e o Frampas III alcanzou os 7.823 lemas, o que dá un total de 15.810 voces, en moitos casos exemplificadas no seu contexto [4]. Cómpre sinalar que só Aníbal Otero e Rivas Quintas recolleron vocabulario inédito, mentres que outros lexicógrafos (como Eladio Rodríguez, Carré ou Filgueira) traballaron sobre material xa publicado noutros dicionarios anteriores.
Colección "Léxico rural do noroeste hispano"
editarDos volumes desta selección, algúns números da colección foron editados por Grafo Dos (de 1997 a 2007), e outros polo propio autor (os posteriores) ou por Abeleda Edicións (2011), cun formato igual ou semellante. Unha referencia para sabelo é que o ISBN da editorial é (978-)84-923232-, aínda que os libros A auga na natureza, O castiñeiro e as castañas e Natureza, toponimia e fala non seguen esa regra. O número de cada volume na colección está marcado entre corchetes, pero nótese que non foron numerados por orde cronolóxica (o número 5 O carro e a carreira é de 2010).
- A auga na natureza. [18] Ourense. Grafo Dos. (2000) 460 páxs. ISBN 84-931590-0-X
- A casa e o casal. (2008) 419 páxs. ISBN 978-84-612-6149-9
- A cociña e a matanza (2008) 311 páxs. ISBN 978-84-612-3662-6
- A nosa flora. [23] (2012) 332 páxs. D.L. OU-99-2012
- A videira e o viño. [14] (2011) Abeleda Edicións. 297 páxs.
- Labranza e ferramenta manual[5]. [4] Ourense. Grafo Dos. (1997) 698 páxs. ISBN 84-923232-0-5
- Mel e cera. O aceite [13] (2009) 192 páxs. ISBN 978-84-613-3368-4
- Natureza, toponimia e fala (2007) Ourense. Grafo Dos[6] 443 páxs. ISBN 84-611-6327-4
- O ano festeiro. (2010) 349 páxs. ISBN 978-84-614-0585-5
- O carro e a carreira. [5] (2010) 420 páxs. ISBN 978-84-613-7466-3
- O castiñeiro e as castañas. [15] Ourense. Grafo Dos. (1997) 269 páxs. ISBN 84-605-6686-2
- O forno do pan. [11] Ourense. Grafo Dos. (1998) 493 páxs. ISBN 84-923232-7-2
- O muíño. [10] Ourense. Grafo Dos. (1997) 615 páxs. ISBN 978-84-923232-1-0
- Os oficios. (2009) 321 páxs. ISBN 978-84-613-0580-3
- O tear e o tecido. [8] Ourense. Deputación Provincial de Ourense. (1992) 520 páxs. ISBN 84-84575-03-X[7] ou ISBN 84-87575-03-X[8]
- O tear e o tecido. Ourense. Grafo Dos. (1998) 643 páxs. ISBN 84-923232-6-4[9] = ISBN 978-84-923232-6-5[10]
- Pan, sega e malla, medidas. [7] Ourense. Grafo Dos. (1999) 513 páxs. ISBN 84-923232-8-0
- Rega e outros servicios. Ourense. Grafo Dos. (2000) 253 páxs. ISBN 84-923232-9-9.
- Útiles e arreos. Suntuaria. (2012) 269 páxs. ISBN 978-84-615-4018-1
- Xogos e enredos. [20] (2011) 366 páxs. ISBN 978-84-614-8889-6
- Xugo, arado e complementos.[11] (2009) 450 páxs. ISBN 978-84-613-4365-2
Filoloxía
editar- Lingua galega: historia e fenomenoloxía. Lugo. Alvarellos. 1989, 384 páxs ISBN 84-85311-79-5
- Lingua galega: niveis primitivos. Santiago de Compostela. Laiovento. 1994, 241 páxs ISBN 84-87847-40-4
Onomástica
editar- Onomástica persoal do noroeste hispano. Lugo. Alvarellos. 1991, 672 páxs ISBN 84-85311-93-0
- Onomástica da Virxe María en Ourense, in rev. Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia, Santiago de Compostela, nº 14 (1993) páxs. 24-40; nº 15 (1994), páxs. 29-42; nº 16 (1995), páxs. 37-46
Toponimia
editar- A isoglosa Pacio / Pazo en Galicia, in rev. Verba. Anuario Gallego de Filología, Santiago de Compostela, nº 3, 1976, páxs. 357-364.
- O tema latino "casa" e a Rivoira Sacrata, in rev. Boletín Auriense, Ourense, t. 11, 1981, páxs. 227-274
- Toponimia de Marín. Santiago de Compostela. Anexo 18 da revista Verba. 1982, 409 páxs ISBN 84-7191-279-1
- Natureza, toponimia e fala. Ourense. Edición do autor. 2007, 443 páxs ISBN 84-611-6327-4
Etnografía e viaxes
editar- A Limia: Val de Antela e Val do Medo. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 1985, 766 páxs ISBN 84-85858-16-6
- Camiño Meridional de Santiago: continuación de la Vía de la plata (texto bilingüe). S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, 176 páxs.
- A Serra de San Mamede. Ourense. Asociación de Amigos dos Milagros e de San Mamede. 1993, 114 páxs ISBN 84-604-7317-1
- El santuario de Nuestra Señora de los Milagros. León. Editorial Everest. 1991, 63 páxs, reeditado como Santuario de Nuestra Señora de los Milagros, Baños de Molgas (Ourense). León. Edilesa. 2002, 64 páxs ISBN 84-8012-394-X
- Terra das Frieiras. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 2002, 384 páxs. ISBN 84-96011-07-0
Historia e arte
editar- Historia del Santuario de los Milagros (Ourense). Ourense, s.n., 1983, 193 páxs ISBN 84-300-9899-2
- O escultor Nicanor Carballo, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 3, 1990, páxs. 235-248.
- Influencias precristiáns na arte, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 6, 1994-1995, páxs. 207-237.
- Marín, terra e mar: os mareantes e a Confraría de San Miguel. Pontevedra. Deputación Provincial de Pontevedra. 2005, 139 páxs ISBN 84-8457-239-0
Notas
editar- ↑ "Obituario: Elixio Rivas, un misioneiro apaixoado da etnografía e toponimia galegas". La Región (en castelán). 2022-09-25. Consultado o 2022-09-25.
- ↑ "O investigador Elixio Rivas doa ao Ramón Piñeiro materiais do seu traballo", en La Voz de Galicia 12.12.2017.
- ↑ "Elixio Rivas recibe de Manuel Baltar a medalla de ouro da provincia de Ourense polo seu labor a prol da etnografía e da lingua galegas". Deputación de Ourense. 1 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019.
- ↑ Prólogo ó Dicionario de Dicionarios.
- ↑ Mesmo en catalogacións oficiais, este libro menciónase ás veces como Ferramenta e labranza manual (Referencia Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia) ou como A ferramenta e labranza manual (Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia). Tamén cando a propia imaxe adxacente o contradí: Referencia en Proxecto Meiga; Referencia en Proxecto Meiga
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia; Referencia en Proxecto Meiga
- ↑ Referencia Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na Librería Bahía
- ↑ Tamén Arado, xugo e complementos: Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xesús Ferro Ruibal: "Elixio Rivas Quintas. Lexicógrafo de por vida", en Ben falado, capítulo 207 (11.01.2011).
- Ferro Ruibal, X. (12 de decembro de 2016). "Elixio Rivas Quintas, abeiro de palabras galegas". Real Academia Galega.