El bosque animado (filme)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
El bosque animado é un filme de cinema español dirixido en 1987 por José Luis Cuerda. A película está baseada na novela homónima do galego Wenceslao Fernández Flórez. Foi rodado no concello de Sobrado.
O bosque animado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El bosque animado |
Director | José Luis Cuerda |
Produtor | Eduardo Ducay Emiliano Otegui |
Guión | Rafael Azcona, baseado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez |
Intérpretes | Alfredo Landa Tito Valverde Alejandra Grepi Miguel Rellán Alicia Hermida Amparo Baró Fernando Rey Manuel Alexandre Encarna Paso María Isbert Antonio Gamero Paca Gabaldón Marisa Porcel Mabel Rivera Luis Ciges |
Música | José Nieto |
Fotografía | Javier Aguirresarobe |
Montaxe | Juan Ignacio San Mateo |
Estrea | 1987 |
Duración | 103 min |
Orixe | España |
Xénero | Drama, comedia |
Na rede | |
Trama
editarO argumento da historia transcorre nun bosque fantástico dunha aldea galega do rural "naqueles anos nos que unha galiña custaba dúas pesetas e o bosque de Cecebre era máis extenso e máis frondoso". As personaxes da película: un bandido que intenta asaltar algo, un poceiro coxo, unha ánima en pena, unha muller farta da explotación laboral á que a súa tía somete e que decide buscarse a vida pola cidade, un meniño rebuldeiro cunha irmá tamén cativa que traballa máis que dorme, unhas solteironas da capital (Amparo Baró e Alicia Hermida) que foron á aldea para se relaxar, o cura, o garda civil e o señor do pazo chamado o D'Abondo.
Intérpretes
editar- Alfredo Landa como Malvís (bandido Fendetestas)
- Alejandra Grepi como Hermelinda
- Tito Valverde como Geraldo
- Paco Cambres como Cura
- Óscar Domínguez como Javier
- Fernando Rey como Sr. D'Abondo
- Paca Gabaldón como Sra. D'Abondo
- Silvia Lurueña como Rosiña
- Laura Cisneros como Pilara
- Encarna Paso como Juanita Arruallo
- José Esteban Alenda como Fuco
- Luma Gómez como Marica da Fame
- Amparo Baró como Amelia Roade
- Manuel Alexandre como Roque Freire
- Luis Ciges como Loco de Vos
- Miguel Rellán como Fiz de Cotovelo
- Mabel Rivera como Sra. Gundín
- María Isbert como Moucha
Palmarés cinematográfico
editarFoi galardoada con 5 Goyas.
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañadora | |
Mellor actor protagonista | Alfredo Landa | Gañador |
Mellor guión | Rafael Azcona | Gañador |
Mellor música orixinal | José Nieto | Gañador |
Mellor fotografía | Javier Aguirresarobe | Candidato |
Mellor dirección artística | Félix Murcia | Candidato |
Mellor deseño de vestiario | Javier Artiñano | Gañador |
Mellor son | Bernardo Menz Enrique Molinero |
Candidatos |