Ebrauc
Ebrauc é o nome que se propón para un reino britano da Britania posromana, con base na cidade de York. Esta cidade chamábase en britónico Caer Ebrauc na Historia Brittonum de Nennio. Deriva do antigo nome romano de Eboracum. En galés moderno chámase aínda Efrog.
Ao final do poder romano, algúns historiadores pensan que a cidade puido ter florecido brevemente como capital dun reino independente, separado dun gran ‘Reino do Norte’, quizais en circa 470. A área que os britanos coñecían como Deifr, que significa augas (quizais referíndose á súa situación costeira, ou á abundancia de ríos), puido formar parte dese reino. É mellor coñecido polo seu nome anglo posterior de Deira.
A poesía galesa deste período indica que os britanos nativos do que os bardos chamaron "o vello norte" ou Yr Hen Ogledd eran terribelmente díscolo se eran máis felices loitando entre eles que enfrontándose aos seus comúns inimigos. Se o rei histórico do norte, Peredur ab Eliffer, gobernou en York (ver Peredur), entón a independencia deste reino non foi demasiado longa.
En 573, este Peredur, e o seu irmán, Gwrgi, entraron en guerra cos exércitos dun rei do norte chamado Gwenddoleu ap Ceidio e venceron na Batalla de Arfderydd (a moderna Arthuret en Cumberland, agora Cumbria). Suponse que un dos superviventes foi o personaxe histórico que xace debaixo do mago Merlín.[1] Foi unha vitoria pírrica para eses príncipes do norte, pois, segundo os Annales Cambriae, morreron só sete anos despois cando as súas debilitadas forzas atacaron os anglos de Bernicia. Con todo, foro nos anglos de Deira os que despois ocuparon a rexión.
O control de Ebrauc polos britanos nativos foi por pouco tempo restaurado so o rei Cadwallon ap Cadfan de Gwynedd quen cercou a zona e a cidade tras a batalla de Hatfield Chase en outubro de 632 durante a cal morreu o seu rival, Edwin de Northumbria. Tres anos máis tarde, Cadwallon foi expulsado por Oswald de Bernicia na batalla de Heavenfield e restableceuse o control anglo.
Notas
editar- ↑ "LXIV Dialogue Between Myrdin & His Sister Gwendydd" [Diálogo entre Myrdin e a súa irmá]. celtic-twilight. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2006. Consultado o 28 de setembro de 2009.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bromwich, Rachel (1978) Trioedd Ynys Prydein: The Welsh Triads.
- Guest, Lady Charlotte (1849) The Mabinogion.
- Ingram, James (ed.) (1912), The Annales Cambriae.
- Morris, John (1973) The Age of Arthur.
- diálogo entre Myrddin e a súa irmá Gwendydd[Ligazón morta] [en inglés].
Ligazóns externas
editar- Early British Kingdoms: reis de Ebrauc (en inglés).
- Reinos célticos postromanos: Ebrauc, The History Files [en inglés].