Dolby Theatre
O Dolby Theatre (antigamente coñecido como Kodak Theatre)[1] é un auditorio para espectáculos e un complexo de entretemento localizado no Hollywood Boulevard da Avenida North Highland, no distrito de Hollywood da cidade dos Ánxeles, Estados Unidos. Dende a súa inauguración o 9 de novembro de 2001, o teatro acolleu as cerimonias dos Premios Óscar, sendo a sede por vez primeira en marzo de 2002. É a primeira casa permanente da cerimonia de premios anuais.
Dolby Theatre | |
---|---|
Fachada do Dolby Theatre en Hollywood | |
Coordenadas | 34°06′10″N 118°20′25″O / 34.102777777778, -118.34027777778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Deseño
editarO teatro foi deseñado especificamente para esta cerimonia polo estudio Rockwell Group, pertencente ó arquitecto David Rockwell.[2] O seu deseño está pensado para facilitar as transmisións en vivo dende o gran recinto sen a mínima intromisión para a audiencia. Ten capacidade para máis de 3.400 persoas,[3] divididos entre a platea e os tres niveis de balcóns, e é un dos meirandes escenarios dos Estados Unidos (36,5 x 27,5 m).[4] A sala de prensa situada detrás do escenario ten capacidade para máis de 1.500 xornalistas.
A entrada ó teatro está franqueada por columnas nas que se amosan os filmes que acadaron o premio na categoría de Mellor filme dende 1928, e con algúns espazos baleiros para futuros filmes gañadores do premio.
Notas
editar- ↑ Dolby Buys Naming Rights For Former Kodak Theatre (en inglés)
- ↑ John Calhoun (1 de abril de 2002). Live Design Online, ed. "A Kodak Moment". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2012.
- ↑ "About the Dolby Theatre". Dolby Theatre. Consultado o 19 de xuño de 2015.
- ↑ "Profile". Kodak Theatre. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolby Theatre |