Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Diocese católica latina de Lugo

entidade eclesiástica galega
(Redirección desde «Diocese de Lugo»)

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Lugo
Dioecesis Lucensis in Hispania (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°00′33″N 7°33′31″O / 43.009186, -7.558478
Poboación
Poboación263.544 (2019) Editar o valor en Wikidata (34,21 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá
lingua galega Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie7.703 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
CatedralCatedral de Lugo Editar o valor en Wikidata

Páxina webdiocesisdelugo.org Editar o valor en Wikidata

Territorio

editar

A diocese comprende a parte meridional da provincia de Lugo, e inclúe ademais parroquias pertencentes ás provincias da Coruña e Pontevedra[1]. A sede episcopal é a cidade de Lugo, na que se acha a catedral de Santa María de Lugo.

O seu territorio abrangue uns 7.780 km² e está subdividido en 1.138 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados. Lugo é a diocese con maior número de parroquias de toda España.

Historia

editar
 
Mapa do bispado de Lugo de 1768.

A diocese de Lugo foi creada en época antiga. Segundo tradición, infundada historicamente, o país galaico foi evanxelizado polo apóstolo Santiago, mais o primeiro bispo, Capitón, é de fins do século V. Inicialmente a diocese comprendía cerca da metade da Gallaecia.

A primeira catedral era moi antiga. No 832 era descrita como un edificio de extraordinaria beleza, constituíndo o modelo para a catedral de Oviedo.

A mediados do século VI cedeu unha porción do seu territorio setentrional para a creación da diocese de Bretoña (actual diocese de Mondoñedo-Ferrol). Apenas refundada, a fins do século XI a diocese de Lugo cedeu á diocese de Mondoñedo outra vez unha parte do seu territorio setentrional.

No 560 a diocese foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana, tendo como sufragáneas as dioceses de Tui, de Iria, de Bretoña, de Ourense e mais de Astorga. Lugo foi conquistada polos musulmáns en 713 e, reocupada polos cristiáns, de modo que no ano 745 foi restabelecida coa súa dignidade metropolitana.

 
Catedral de Santa María de Lugo.

En 832 fóronlle asignadas á arquidiocese de Lugo as cidades de Braga e Ourense, coa condición de desprenderse delas cando houbese unha futura restauración das respectivas sedes. Os bispos residentes en Lugo usaron en tanto o dobre título de arcebispos de Braga e de Lugo. A primeira destas sedes que foi refundada foi a diocese de Ourense, no ano 886, segundo os seus supostos antigos límites, aínda que unha disputa territorial sobre deles chegaría a prorrogarse até a intervención do papa Lucio III no ano 1185.

A arquidiocese de Braga foi restabelecida no ano 1071 e, ao que parece, Lugo debía recibir nesta ocasión unha compensación territorial por parte da diocese de Oviedo. Con todo, as disputas con Braga non foron resoltas de todo até o século XIV. No mesmo ano 1071 a diocese de Lugo perdeu o rango de arquidiocese metropolitana e pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga, mais o 27 de febreiro de 1120 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Santiago de Compostela.

No ano 1129 decidiuse a construción dunha nova catedral, que non sería rematada até 1880. En consecuencia, a catedral actual presenta unha estratificación de diversos estilos: románico, gótico, barroco e neoclásico.

O 13 de xuño de 1599 foi instituído o seminario diocesano, aínda que non iniciaría as actividades até 1624, probablemente debido a problemas económicos. Orixinariamente, cada arciprestado dirixiría un certo número de vacantes do seminario, determinado segundo a contribución económica do mesmo.

 
Reforma parroquial de 1890, publicada no boletín do bispado.

En 1645 a diocese estaba subdividida en 39 arciprestados, mentres dun mapa do ano 1768 colíxese unha subdivisión en 35 parroquias e tres priorados beneditinos, estes gobernados polo abade de Samos e que conformaban unha prelatura territorial (hoxe defínese como abadía nullius). Esta prelatura territorial foi suprimida no século XIX, como consecuencia da exclaustración e a desamortización de Mendizábal. O 9 de agosto de 1890 aprobouse unha nova subdivisión parroquial, pero que sufriría numerosas reformas ao longo do século XX: 31 de decembro de 1934, 9 de xuño de 1942, 15 de setembro de 1955, 14 de agosto de 1964, 23 de xullo de 1970, 14 de xuño de 1985 e 28 de setembro de 1995.

O 17 de outubro de 1954, consonte o Concordato de 1953, foron modificados os confíns diocesanos, presuntamente para adaptalos aos das provincias civís.[2] En particular foron cedidas algunhas parroquias de fóra da provincia civil á diocese de Astorga, Mondoñedo e Ourense e foron agregadas á diocese outras parroquias que as dioceses de Ourense e Astorga e máis a diocese de Oviedo posuían na provincia de Lugo[3].

Bispos da diocese de Lugo

editar
 
España Sagrada. Tomo XLI. De la Santa Iglesia de Lugo, continuación de su historia desde el siglo XII hasta fines del XVIII.

Publicacións

editar

O seminario edita a revista semestral Lvcensia (subtitulada "Miscelánea de cultura e investigación"), que en 2014 ía polo volume XXIV, números 48 e 49[4].

  1. "Diocese de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  2. Iso é o que ampara o concordato, pero na práctica non foi así en xeral, así o bispado de Lugo mantén parroquias nas provincias da Coruña e Pontevedra, e a diocese de Astorga mantén aínda territorios na provincia de Ourense, por outra banda Mondoñedo está na provincia de Lugo porque esta foi ampliada con parte do seu territorio até a costa cantábrica
  3. En concreto Astorga cedeu o arciprestado de Quiroga e, en troca, recibiu varias parroquias da comarca do Valcarce, no Bierzo; o que ficou delimitado destes arranxos é que, practicamente, toda parroquia civilmente non galega, pero si culturalmente, pasase a mans dun bispado que asegurase formación castelanizante total dos cregos, claro que a adscrición a unha diocese galega tampouco garante párrocos galeguizados, por contra a historia recente mostra o contrario.
  4. "Revista Lvcensia". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar