Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Darfur (دار فور, ou "terra dos fur", en árabe) é unha rexión no extremo oeste do Sudán, na fronteira con Libia, Chad e a República Centroafricana. Divídese en tres estados federais sudaneses: "Garb Darfur" (Darfur Occidental), "Djanub Darfur" (Darfur do Sur) e "Chamal Darfur" (Darfur do Norte).

Mapa do Sudán coa rexión de Darfur destacada.

Cunha poboación de 5 a 6 millóns de habitantes, Darfur caracterízase polo baixo nivel de desenvolvemento. Só o 44,5% dos nenos e o 33,3% das nenas frecuentan a escola.

Hai tres tribos predominantes en Darfur: os fur, que dan nome á rexión, os masalit e os zaghawa, en xeral negros musulmáns.

A rexión é escenario dun conflito consecuencia de disputas entre as poboacións árabe e non árabe, na franxa sur do deserto do Sáhara. Os non árabes, separatistas, son vítimas dunha acción de exterminio emprendida por milicias árabes, que, á súa vez, están acusados de recibir apoio do goberno sudanés. O conflito xa tivo máis de 200 mil mortos e cerca de 2 millóns de refuxiados "en catro anos de inercia diplomática". Segundo o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, alén das causas sociais e políticas, o conflito e a grave crise humana consecuente son parcialmente debidos a unha alteración climática que provocou unha gran seca no sur do Sudán, a partir da década de 1970.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.