Cremónidas
Cremónidas foi un político ateniense do partido democrático (século III a. C.). Adepto ao estoicismo, foi discípulo de Zenón de Citio.[1]. Alma da oposición nacionalista a Antígono II Gónatas, conseguiu derrotar ao partido pro-macedónico e facerse co goberno. A instigación súa, Atenas votou declarar a guerra ao rei de Macedonia, polo que dita guerra coñécese como guerra de Cremónidas (266 a. C. - 261 a. C.) Con ela pretendíase evocar o pasado glorioso da tradicional loita ateniense contra os tiranos, pero os tempos cambiaran. Agora, Atenas era un simple peón na loita estratéxica entre Macedonia e Exipto. En efecto, Antígono invadiu o Ática, e os esforzos combinados de Atenas, Esparta, Exipto e o Epiro, non bastaron para conterlle.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. Atenas, Grecia |
Morte | valor descoñecido |
Estratego | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Empregador | Tolomeo II Filadelfo |
Carreira militar | |
Rango militar | almirante |
Conflito | Guerra cremonidiana (pt) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Tolomeo II Filadelfo enviou unha frota,[2] que en combinación co exército do rei espartano Areo I debía atacar o Ática, pero nin sequera puideron penetrar nela, ao estar dominado Corinto por Crátero, irmán de Antígono. Os aliados retiráronse e Atenas tivo que renderse no transcurso do inverno entre 262 e 261 a. C. Cremónidas foi deposto e substituído por un estratego de Antígono.
A autonomía de Atenas terminou para sempre. Perdeu a facultade de acuñar moeda e a de elixir aos seus maxistrados. En diante, o único papel que lle reservará o futuro será o de cidade da cultura, papel que conservará até a conquista romana e máis aló.
Notas
editar- ↑ Diogene Laerzio, Vite dei filosofi, VII, 17
- ↑ Teles, Reliquiae; recognovit, prolegomena scripsit Otto Hense, II ed., Tubingae: Mohr, 1909, p. 23.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- El helenismo y el auge de Roma. Historia Universal Siglo XXI. ISBN 84-323-0066-7.