Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Coroa checa

moeda da República Checa
Coroa checa
koruna česká (en checo)
Código:CZK
Ámbito:República Checa República Checa
Símbolo:
Fracción:100 haléřů (h)
Moedas:10, 20, 50 h
1, 2, 5, 10, 20, 50 Kč
Billetes:50, 100, 200, 500, 1000, 2000, 5000 Kč
Emisor:Česká národní banka (ČNB)
Taxa de troco:
07-02-2011
1 EUR = 24,0263 CZK
1 USD = 17,746 CZK
Troco actual

A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 8 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu a coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1).

O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč"). Unha coroa é igual a 100 haléřů (abreviado como "h", singular: haléř, plural nominativo: haléře, plural xenitivo: haléřů - usado con números maiores ou iguais a 5 - por exemplo,3 haléře, 8 haléřů).

Historia

editar

A koruna checa substituíu a coroa checoslovaca, cando se introduciu en 1993, trala disolución de Checoslovaquia. A primeira emisión estaba composta por billetes checoslovacos reselados de 20, 50, 100, 500, e 1.000 coroas, pero un pouco máis tarde e no mesmo ano, sería introducida unha serie ordinaria.

Adopción do euro

editar
 
Taxa de troco EUR-CZK a partir do ano 1999.

A República Checa tiña previsto adopta-lo euro no 2010, pero o seu goberno suspendeu ese plan indefinidamente no ano 2005.[1] Aínda que o país está economicamente ben situado para adopta-lo euro, hai unha considerable oposición a este movemento na República Checa.[2] Segundo unha enquisa realizada en abril do 2014, só 16% da poboación checa estaba a favor de substitui-la coroa polo euro.[3]

Moedas

editar

En 1993 foron introducidas as novas moedas con valores faciais de 10, 20 e 50 haléřů, 1, 2, 5, 10, 20 e 50 korun. As moedas de 10 e 20 haléřů foron retiradas da circulación a partir do 31 de outubro de 2003, e as moedas de 50 haléřů foron retiradas da circulación a partir do 31 de agosto de 2008, debido á diminución do poder adquisitivo e de circulación destas moedas.[4]

no 2000, as moedas 10 e 20 korun foron acuñadas con diferentes anversos para conmemora-lo milenio. En 1993 e 1994 as moedas foron acuñadas en Winnipeg e en Hamburg, o resto das emisións xa serían feitas na República Checa. Tódalas moedas postas en circulación foron deseñadas por Ladislav Kozák (1934-2007).

Dende 1997, tamén son emitidas anualmente carteiras para coleccionistas con moedas en calidade proof. Tamén é moi común a emisión de moedas conmemorativas - incluíndo moedas de prata e ouro - para fins numismáticos.

Circulation coins[5]
Imaxe Valor facial Parámetros técnicos Descrición Data da
Diámetro Grosor Peso Composición Bordo Anverso Reverso primeira emisión retirada
  10 h 15,5 mm 1,7 mm 0,6 gr 99% aluminio
1% magnesio
Plano "ČESKÁ REPUBLIKA", o León checo, ano da tirada. Valor facial, río. 1993 2003
  20 h 17 mm 0,74 gr Estriado Valor facial, folla de tileiro. 1993 2003
  50 h 19 mm 0,9 gr Alternándose plano e estriado. Valor facial 1993 2008
  1 Kč 20 mm 1,85 mm 3,6 gr Aceiro recuberto de níquel. Estriado Valor facial, a coroa de San Venceslau. 1993 En curso
  2 Kč 21,5 mm,
11 lados
3,7 gr Redondeado, plano Valor facial, medallón da Gran Moravia. 1993 En curso
  5 Kč 23 mm 4,8 gr Plano Valor facial, Ponte de Carlos, Vltava, folla de tileiro. 1993 En curso
  10 Kč 24,5 mm 2,55 mm 7,62 gr Aceiro recuberto de cobre. Estriado Valor facial, Catedral de S. Pedro e S. Pablo a carón do monumento Petrov de Brno 1993 En curso
  20 Kč 26 mm,
13 lados
2,55 mm 8,43 gr Aceiro recuberto de latón. Redondeado, plano Valor facial, o monumento a Venceslau I de Bohemia na praza Venceslau, coa inscrición do monumento: "SVATÝ VÁCLAVE NEDEJ ZAHYNOUT NÁM I BUDOUCÍM". 1993 En curso
  50 Kč 27,5 mm
center: 17 mm
2,55 mm 9,7 gr Anel: aceiro recuberto de cobre
Centro: aceiro recuberto latón
Plano "PRAGA MATER URBIUM" ("Praga, nai das cidades"), vista de Praga 1993 En curso

Billetes

editar

Os primeiros billetes checos emitidos o 8 de febreiro de 1993 eran en realidade billetes checoslovacos reselados con selos adhesivos. Só os billetes de 100, 500 e 1.000 korun foron reselados, os valores faciais máis baixos circularon inalterados durante este período de transición. Cada selo levaba o número romano e árabe do valor facial do billete (C e 100, D e 500, M e 1.000). Nas emisións posteriores do billete de 1.000 korun substituíuse o selo adhesivo polo dunha imaxe impresa do mesmo.[6]

A serie deseñada e introducida en 1993 cos valores faciais de 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 korun aínda son de curso legal - coa excepción dos billetes de 20, 50 e as primeiras versións dos billetes de 1.000 e 5.000 korun , xa que os elementos de seguridade dos billetes de 1.000 e 5.000 korun foron actualizados e mellorados nas emisións posteriores (O billete de 2.000 korun, que se introduciu en 1996, aínda é válido en tódalas súas versións, con e sen as novas características de seguridade). Estes billetes levan impresas personalidades checas de renome no anverso e composicións abstractas no reverso. Os elementos de protección modernos pódense atopar en tódolos billetes.

Billetes checoslovacos reselados

editar
Valor facial Dimensións Cor pincipal Idioma Descrición Data da
Anverso Reverso impresión orixinal primeira emisión retirada
Billetes checoslovacos
10 Kčs 133 × 67 mm Marrón Eslovaco Pavol Országh-Hviezdoslav Escena de Orava 1986 7 de febreiro de 1993 31 de xullo de 1993
20 Kčs 138 × 67 mm Azul Checo Comenius Ilustración relativa á cultura e a educación. 1988 7 de febreiro de 1993 31 de xullo de 1993
50 Kčs 143 × 67 mm Vermello Eslovaco Ľudovít Štúr Vista de Bratislava co Castelo de Bratislava (visto dende o restaurante do cumio do pilote central da ponte Nový Most) 1987 7 de febreiro de 1993 31 de xullo de 1993
Billetes checoslovacos reselados
100 Kč 165 × 81 mm Verde Checo Parella de labregos Vista de Praga co Castelo de Praga e a Ponte de Carlos 1961 7 de febreiro de 1993 31 de agosto de 1993
500 Kč 153 × 67 mm Marrón Eslovaco Partisanos do SNP de 1944 Castelo de Devín 1973 7 de febreiro de 1993 31 de agosto de 1993
1.000 Kč 158 × 67 mm Azul Checo Bedřich Smetana Vista de Vltava dende Vyšehrad 1985 7 de febreiro de 1993 31 de agosto de 1993

Billetes checos orixinais

editar

Pódese atopa-lo escudo de armas da R. Checa en tódolos reversos de tódolos valores faciais.

Valor facial Dimensións Cor principal Descrición Data da
Anverso Reverso primeira impresión retirada expiración
Primeiras series orixinais (segunda do 1993)
20 Kč 128 × 64 mm Azul Otokar I de Bohemia e o seu selo Coroa 20 de abril de 1994 31 de agosto do 2008 31 de agosto do 2014[7]
50 Kč 134 × 64 mm Vermello Inés de Bohemia e o Sagrado Corazón de Xesús. Teito da Igrexa do Salvador (parte do Convento de Santa Inés de Bohemia en Praga) e letra ornamental A. 6 de outubro de 1993 31 de xaneiro do 2007 31 de marzo do 2017[8]
21 de decembro de 1994 31 de marzo do 2011
10 de setembro de 1997 31 de marzo do 2011
100 Kč 140 × 69 mm Verde, rosa Carlos IV Selo da Universidade de Carlos 30 de xuño de 1993 31 de xaneiro do 2007 descoñecida
21 de xuño de 1995 en curso
15 de outubro de 1997 en curso
200 Kč 146 × 69 mm Marrón, laranxa John Amos Comenius Orbis Pictus, man dun adulto achegándose á man dun neno 8 de febreiro de 1993 31 de xaneiro do 2007 descoñecida
14 de agosto de 1996 en curso
6 de xaneiro de 1999 en curso
500 Kč 152 × 69 mm Marrón, rosa Božena Němcová e unha rosa Muller laureada que simboliza a tódolos personaxes femininos dos libros de Božena Němcová. 21 de xullo de 1993 31 de xaneiro do 2007 descoñecida
27 de decembro de 1995 en curso
18 de marzo de 1998 en curso
1 de abril do 2009 en curso
1000 Kč 158 × 74 mm Violeta František Palacký, árbore arrincada. Aguia coas ás estendidas 12 de maio de 1993 30 de xuño do 2001 descoñecida
6 de decembro de 1996 en curso
1 de abril do 2008 en curso
2000 Kč 164 × 74 mm Verde Emmy Destinn Euterpe e motivos musicais coma o violín 1 de outubro de 1996 en curso
1 de decembro de 1999 en curso
2 de xullo do 2007 en curso
5000 Kč 170 × 74 mm Azul escuro, violeta Tomáš Garrigue Masaryk Edificios góticos e barrocos de Praga. 15 de decembro de 1993 30 de xuño do 2001 descoñecida
8 de setembro de 1999 en curso
1 de decembro do 2009 en curso

Taxas de troco

editar
Actuais taxas de troco do/a CZK
Datos de Google Finance: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de Yahoo! Finance: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de XE: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de OANDA: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de fxtop.com: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de Currency.Wiki: AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD

No 2008, a moeda acadou o seu punto máis alto nas taxas de troco.[9]

  1. Radio Praha (ed.). "Finance Ministry backtracks on joining the Euro by 2012". Arquivado dende o orixinal o 07-02-2009. Consultado o 22-12-2008. 
  2. Sparkasse.at, ed. (05-08-2008). "Euros in the wallets of the Slovaks, but who will be next?". Arquivado dende o orixinal o 04-09-2006. Consultado o 21-12-2008. 
  3. http://ec.europa.eu/public_opinion/flash/fl_400_en.pdf
  4. "The CNB decides 50-heller coins will cease to be legal tender". Arquivado dende o orixinal o 14-04-2008. Consultado o 20-01-2008. 
  5. Banco nacional checo. Dispoñible en: http://www.cnb.cz/cs/platidla/mince/ Arquivado 05 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
  6. Papirovaplatidla.cz (ed.). "Platidla ČR (1993-20..) - Papírová platidla, bankovky". Consultado o 19-08-2014. 
  7. "Banco Nacional Checo". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2018. Consultado o 07 de xuño de 2015. 
  8. "50 koruna". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xuño de 2015. 
  9. "Czech crown extends record run, eyes on CPI". Forbes. 07-07-2008. Arquivado dende o orixinal o 04-06-2011. Consultado o 07-06-2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar