Consoante uvular
Unha consoante uvular é unha consoante articulada coa parte posterior da lingua colocada contra ou preto da úvula, é dicir, máis atrás na boca que as velares. As consoantes uvulares poden ser oclusivas, fricativas, nasais, róticas ou aproximantes (aínda que a carta do AFI carece dun signo específico para a aproximante, e úsase o signo da fricativa afectada de diacríticos). As africadas uvulares son posibles pero tipoloxicamente son escasas (aparecen nalgúns dialectos meridionais de alto alemán, así como nalgunhas linguas indíxenas de América, mesmo é posible atopar africadas uvulares exectivas no lillooet e no xeorxiano).
Consoantes uvulares do AFI
editarAs consoantes uvulares que teñen signos específicos no AFI son:
AFI | Descrición | Exemplo | |||
---|---|---|---|---|---|
Lingua | Ortografía | AFI | Significado | ||
nasal uvular | Xaponés | 日本 Nihon | [ni.hoɴ] | 'Xapón' | |
oclusiva uvular xorda | Casaco | Қазақ Qazaq | qɑzɑq | Casaco | |
oclusiva uvular sonora | Inuktitut | utirama | [ʔutiɢama] | 'porque volvín' | |
Fricativa uvular xorda | Castelán | enjuto | [ẽ̞ɴˈχut̪o̞] | 'delgado' | |
Fricativa uvular sonora | Lakota | aǧúyapi | [ˌʔaˈʁʊjab̥ˑi] | 'pan' | |
Vibrante uvular | Francés | Paris | [paˈʀi] | 'París' | |
Exectiva uvular | Quechua | q'allu | [ˈq̕aʎu] | 'salsa de tomate' | |
Implosiva uvular sonora | Mam | [ʛa] | 'lume' |
Nas linguas do mundo as consoantes uvulares aparecen en moitas linguas africanas e de Oriente Medio (por exemplo, no árabe), nas linguas indíxenas de América e nalgunhas áreas do Cáucaso. Porén, están totalmente ausentes no Pacífico (linguas australianas, linguas papúas e linguas austronesias). Nalgunhas partes do Cáucaso e o noroeste de Norteamérica, practicamente tódalas linguas posúen oclusivas e fricativas uvulares.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I: fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. p. 131-190. ISBN 978-84-8341-060-8.