Cat Island
Cat Island ou Illa do Gato é unha das illas das Bahamas e tamén un dos seus distritos. Localízase no leste do arquipélago. A illa ten o punto máis alto do arquipélago enteiro, o monte Alvernia, con 63 metros. A illa posúe 1.647 habitantes (censo de 2000). As principais poboacións son Arthur's Town (onde Sidney Poitier pasou a súa infancia), Orange Creek e Port Howe. Cat Island tamén foi o berce do músico Tony McKay, máis coñecido por Exuma. A illa conta con dous aeroportos, o New Bight Airport e o Arthur's Town Airport.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Reinos da Commonwealth | Bahamas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.503 (3,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 389 km² | ||||
Medición | 21,9 () × 76,8 () km | ||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Altitude | 63 m | ||||
Punto máis alto | Monte Alvernia (pt) (63 m) | ||||
Creación | 1999 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BS-CI | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||