Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2019.) |
Carlos VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico, tamén coñecido co nome de Carlos VI de Alemaña, nado en Viena, o 1 de outubro de 1685 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1740, foi un monarca europeo. Coñecido tamén como Arquiduque Carlos de Austria (co nome de Carlos II), foi proposto ao trono español baixo o nome de Carlos III en 1703 durante a guerra de sucesión, en oposición a Filipe de Anjou, neto de Lois XIV, obtendo vitorias nun primeiro momento pero saíu finalmente derrotado.
Traxectoria
editarEra o segundo fillo de Leopoldo I, que tivo coa súa terceira muller Leonor Magdalena de Pfalz-Neoburgo. Era, xa que logo, bisneto do rei español Filipe III, o cal lle permitiu reclamar os seus dereitos á Coroa de España cando esta quedou vacante pola morte (1700) sen descendencia de Carlos II. O seu educador foi Antonio Florian de Liechtenstein
O Arquiduque representou así as aspiracións da Casa de Habsburgo a recuperar a herdanza da súa extinta rama española, enfrontándose cos Borbóns de Francia - que sostiveron a candidatura do que logo sería Filipe V - na Guerra de sucesión española (1701-1714), ao mesmo tempo guerra civil e guerra internacional europea.
Trala morte do seu irmán, Xosé I de Austria, recaeron sobre Carlos o Trono de Austria e a Coroa imperial de Alemaña (1711); ao mesmo tempo, a sorte das armas éralle desfavorable na Península Ibérica, onde os apoios que tiña nos reinos da Coroa de Aragón non foran suficientes para impedir o triunfo dos Borbóns.
Xa que logo, polo Tratado de Rastatt (1714) renunciou ao Trono español (que reclamaba desde 1703), obtendo en troco para Austria importantes concesións territoriais en Italia e os Países Baixos, que recoñecían a súa vitoria na guerra fóra da Península.
Ao non ter herdeiros homes, cambiou a lexislación sucesoria para asegurar o Trono á súa filla María Tareixa de Austria (Pragmática Sanción de 1713), o que non impediu que, á súa morte, se desatase a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748).
De arquiduque a emperador
editarO falecemento do seu irmán Xosé I (1711) permitiulle alcanzar a coroa imperial e, asinado en 1714 o Tratado de paz de Rastadt, renunciou ás súas pretensións sobre España e obtivo o ducado de Milán, Nápoles, Mantua, Sardeña (intercambiada con Sicilia en 1718) e os Países Baixos.
Sen herdeiro masculino, con Carlos VI extinguiríase a liña masculina da familia e, para que a súa filla María Tareixa herdase os patrimonios territoriais da casa de Habsburgo, promulgou a Pragmática Sanción de 1713, que abolía a Lei sálica pola cal, consegue despois de moitos esforzos, ser unha garantía par toda a Europa (porén, desde a chegada da súa filla, María Teresa, ova a comezar a Guerra de sucesión de Austria).
O seu reino caracterizouse pola Cuadriplícana de 1718-1719, con Francia, Inglaterra e Holanda, destinada a facer fracasar a política de Alberoni. Na guerra de 1716-1718 contra os turcos, Austria, grazas ás vitorias do Príncipe Eugène, conquistou o Banat, o norte de Bosnia, Serbia con Belgrado e unha parte do Valachie, pero volveu perder unha gran parte destes territorios na súa infeliz guerra de 1736-1739.
Realizou un importante labor reformador, modernizando o Exército e aumentando os seus efectivos, favorecendo o desenvolvemento económico do país - sobre todo, a industria e a agricultura - e participando no comercio europeo. A política exterior estivo orientada a facer prevalecer o poderío de Austria, o que lle fixo enfrontarse a España en 1717-1719, participar na guerra de sucesión polaca (1733-1738) e provocar unha segunda guerra contra os turcos.
Favoreceu en 1733 a elección do rei de Polonia, Frederico Augusto contra Estanislau, sostido por Francia; con todo, estivo obrigado polo Tratado de Viena de 1735 a abandonar a Lorena a Estanislau e Nápoles aos Borbóns de España.
Con Hungría sempre se mantivo cordial. En 1713 convocou a Dieta húngara comprometéndose ante os seus delegados a gobernar segundo as leis do reino, a respectar os dereitos da nobreza e a velar pola integridade territorial. Respecto dos Países Baixos, Carlos pretendeu gobernalos desde Viena, mediante o Consello Supremo dos Países Baixos, integrado polos flamengos e españois, pero isto non foi aceptado, e en 1725 volveu á vella organización tripartita: Consello de Estado, Consello privado e Consello de Finanzas.
A súa morte, acontecida en 1740, desencadeou outra guerra dinástica, na que participou media Europa, malia que a Pragmática Sanción fora recoñecida pola diplomacia internacional.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico |