Capela das Ánimas de Pontevedra
A Capela da Ánimas é un pequeno edificio relixioso néogótico[1] de culto católico, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa das Ánimas,[2] moi preto da praza de Curros Enríquez.
Capela das Ánimas de Pontevedra | |
---|---|
Fachada na rúa das Ánimas | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Capela |
Advocación | Almas do Purgatorio |
Localización | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′56″N 8°38′41″O / 42.432277777778, -8.6448611111111 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1898 |
Estilo | Neogótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA capela atópase nunha pequena parte do soar no que estaba situado o vello Hospital de Pontevedra que funcionaba desde o século XV, co nome de Corpo de Deus, Corpus Christi e posteriormente San Xoán de Deus, a orde que o xestionaba.[3][4]
O devandito hospital tiña anexo o seu cemiterio coa súa igrexa e o seu altar de ánimas.[2] Todo este conxunto foi demolido en 1896 cando xa se estaba construíndo o novo hospital da cidade, o Hospital Provincial de Pontevedra.[5] Ante a perda desta referencia espiritual de varios séculos, os veciños decidiron pedir a construción dunha pequena capela na que se puidese continuar coa tradición dos seus antepasados.[2] Deste xeito, ante a presión veciñal construíuse en 1898 esta pequena capela de estilo neogótico.
Descrición
editarA capela está dedicada ás almas en pena do purgatorio polas que se ofrecen esmolas para a súa salvación, e que así poidan alcanzar a felicidade no ceo.
A fachada da capela, de estilo neogótico[1] e de reducidas dimensións, atópase entre medianeiras. Ten unha porta cun arco oxival, acompañada de dúas ventás con arcos apuntados a cada lado.[6][1]
Enriba da porta de entrada atópase un pequeno van en forma de trevo de catro follas enmarcado por un círculo, representando unha cruz lobulada. Na parte superior a capela está coroada por unha cruz dentro dun círculo.[7]
No interior hai un retablo de madeira policromada de dúas fileiras cun total de seis figuras, representadas entre chamas, das cales as centrais son un bispo e un rei.[8][9]
-
Fachada da capela
-
A capela na rúa das Ánimas
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "El casco histórico cuenta con un nuevo alojamiento turístico en la Travesía das Ánimas". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Un pequeño templo levantado por los vecinos a finales del XIX". Faro (en castelán). 17 de decembro de 2017.
- ↑ Riveiro Tobío 2008, p. 30
- ↑ "El Hospital de San Juan de Dios". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de maio de 2016.
- ↑ "El CXX aniversario del Hospital". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de decembro de 2017.
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 405
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 405
- ↑ "Las velas causan un pequeño incendio en la capilla de las Ánimas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de decembro de 2017.
- ↑ "Arde parte de la Capilla de las Ánimas en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de decembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela das Ánimas de Pontevedra |
Bibliografía
editar- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 405. ISBN 978-84-8457-327-2.
- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 30. ISBN 9788482890852.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Capela das Ánimas na web Turismo de Galicia
- Capela das Ánimas na web Cityplan Arquivado 19 de febreiro de 2023 en Wayback Machine.