Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

O cabalo de raza árabe (en árabe: لحصان العربي) é unha raza de cabalo que debe a súa reputación á súa intelixencia, carácter forte e resistencia sobresaliente. Cunha cabeza característica e a cola sempre no alto, o cabalo árabe é unha das razas de cabalos mellor recoñecidas no mundo.

Égua de cabalo árabe.
Napoleón montando un cabalo árabe, probablemente Marengo.

É unha das razas de cabalo máis antigas, xa que hai evidencia arqueolóxicas de hai 3.500 anos[1] de cabalos moi semellantes ós árabes modernos. No transcurso da historia, os cabalos árabes do Oriente Medio espalláronse polo mundo grazas ó comercio e as guerras. Tamén foron moi empregar para mellorar outras razas ó engadir velocidade, refinamento, resistencia e boa estrutura ósea. Hoxe en día, as liñas árabes pódense atopar en case cada raza moderna de cabalos para montar.

Os cabalos árabes desenvolvéronse nun clima desértico e eran valorados polos nómades beduínos,[2][3] quen frecuentemente os aloxaban dentro das súas tendas para cubrilos e protexelos.[4] Esta relación próxima cos humanos creou unha raza de cabalo con boa disposición, rápido para aprender, e disposto a compracer. Pero o cabalo árabe tamén desenvolveu o carácter forte e o estado alerta necesario nun cabalo usado para os asaltos das guerras. Esta combinación de disposición e sensibilidade require que os donos modernos de cabalos árabes traten os seus cabalos con respecto e moita habilidade.[5]

"O polifacético árabe" é o lema da raza. Os cabalos árabes compiten hoxe en moitos campos de actividade ecuestres, o que os fai unha das 10 razas de cabalo máis populares no mundo e á súa vez o equino coas mellores características físicas do mundo. Os cabalos árabes hoxe pódense atopar en todo o mundo, incluíndo Polonia, os Estados Unidos, o Canadá, o Reino Unido, Australia, República Dominicana, Europa continental, Suramérica (especialmente no Brasil), e na súa terra de orixe, o Oriente Medio.

  1. Royal Embassy of Saudi Arabia. "Preserving the Arabian Horse in its Ancestral Land". Spring 2007 Publication. Royal Embassy of Saudi Arabia. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2008. Consultado o 28 de maio de 2008. 
  2. Upton, Arabians pp. 21–22
  3. Archer, Arabian Horse, pp. 89–92
  4. Schlofler, Patti.
  5. ""The Versatile Arabian"". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar