VG-4.8
A VG-4.8 ou Variante Norte de Poio[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Campañó (Pontevedra) e o Mosteiro de Poio (Poio); atravesa os concellos de Pontevedra e Poio. Ten unha lonxitude de 3,10 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-531 en Campañó (Pontevedra) e finaliza nun cruzamento coa PO-535 no Mosteiro de Poio (Poio).
VG-4.8 Variante Norte de Poio | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 3,10 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | PO-531 Campañó |
Fin | PO-535 Mosteiro de Poio |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
|
Percorrido
editarInicia na rotonda da estrada PO-531 no lugar do Cachapal (concello de Pontevedra), con 2 direccións, unha cara a norte ao lugar de San Caetano (mesmo concello) e outra cara a sur a Pontevedra, seguindo á ligazón da estrada EP-0017 con 2 direccións, unha cara a norte ao lugar de Cabaleiro (mesmo concello) e outra cara a sur ao lugar do Vao (concello de Poio) e remata na rotonda da estrada PO-535 no lugar do Convento (mesmo concello) con 3 direccións, unha cara a norte á estrada EP-0606 con dirección ao lugar de Arís (mesmo concello), outra cara a sur ao mosteiro de Poio e outra cara a suroeste (estrada PO-535) á estrada PO-308 con dirección ao lugar da Seara (mesmo concello).
Historia
editarAs primeiras obras iniciaron en outubro de 2002[3] e foi inaugurado en 2004[4] como viario para evitar a travesía de Poio desde a estrada PO-531 ata a estrada PO-308 co rodeo duns 6,8 quilómetros.
Treitos
editarDenominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
VG-4.8 | PO-531 Campañó - PO-535 Mosteiro de Poio | 3,1 | 2004[4] |
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Cuíña reduce en un año la previsión para concluir la variante Norte de Poio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2002.
- ↑ 4,0 4,1 "La alternativa norte reducirá en un 30% el tráfico diario en A Barca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2004.