Círculo polar
Un círculo polar é un paralelo que se encontra a unha latitude de 66º 33' 44".
Composto por | |||
---|---|---|---|
As latitudes 66º 33' 44" N e 66º 33' 44" S corresponden respectivamente aos círculos polares ártico e antártico.
En todo punto con latitude maior á do círculo polar hai polo menos un día do ano en que o Sol está sobre o horizonte durante 24 horas seguidas. Do mesmo modo, hai polo menos un día no que o Sol permanece baixo o horizonte durante 24 horas seguidas. Isto (e as estacións do ano) débese a que o eixe de rotación da Terra se encontra inclinado actualmente 23° 26' 16" [1] respecto ao plano da órbita terrestre ao redor do Sol.
Movemento dos círculos polares
editarAs latitudes dos círculos polares están determinadas pola inclinación do eixe de rotación da Terra con respecto á eclíptica. O ángulo non é constante, senón que ten un movemento complexo determinado por moitos ciclos de períodos, desde curtos a moi longos.
A nutación (do latín nutare, cabecear ou oscilar) é o nome polo que se coñece a oscilación periódica dos polos da Terra ao redor da súa posición media na esfera celeste, debida á influencia da Lúa sobre o noso planeta, similar ao movemento dunha buxaina cando perde forza e está a punto de caer.
A nutación fai que os polos da Terra se despracen uns nove segundos de arco cada 18,6 anos. Por iso, debido á nutación, a inclinación aumenta ou diminúe máis de 9" (uns 280 metros medidos na superficie) nese período.