Bronce
O bronce[1] é o nome co que se denominan toda unha serie de aliaxes metálicas que teñen como base o cobre e outro metal, xeralmente estaño (entre un 3-20%) e proporcións variables doutros elementos como cinc, aluminio, antimonio, fósforo, prata. Outros elementos con características de dureza superiores ao cobre fan mellorar as súas propiedades mecánicas.
Características principais
editarPresenta unha boa ductilidade e boa resistencia ao desgaste e á corrosión. É moi empregado para realizar pezas de fundición pola súa colabilidade e para a fabricación de pás de hélice para propulsión de buques pola resistencia que ten á cavitación.
Historia
editarFoi a primeira aliaxe fabricada conscientemente: consistía en mesturar o mineral de cobre (calcopirita, malaquita etc.) e o de estaño (casiterita) nun forno alimentado con carbón vexetal. O monóxido de carbono resultante reducía os minerais a metais: cobre e estaño que se fundían e aliaban entre un 5 e un 10% en peso de estaño. O coñecemento metalúrxico da fabricación de bronce deu orixe, nas distintas civilizacións, á chamada Idade de Bronce.
Familias de bronces
editarAplicacións
editarO bronce utilizouse para fabricar armas, escudos, estatuas etcétera. Actualmente emprégase especialmente en aliaxes condutoras da calor, en baterías eléctricas e, os seus sales, no tratamento de certos tipos de depresión. Tamén se utiliza o bronce na fabricación de cordas para guitarras acústicas en dúas modalidades: aliaxe de 80% cobre e 20% zinc, e mesturado con fósforo. Ademais, na maioría de competicións deportivas entrégase unha medalla de bronce ao terceiro posto.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bronce.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Bronce |