Batalla de Vogladum
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A batalla de Vogladum ou de Vouillé tivo lugar no ano 507 preto da antiga cidade gala de Vogladum, non lonxe de Poitiers, entre as tropas do rei franco Clodoveo I e do visigodo Alarico II.
Batalla de Vogladum | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Campañas francas en Aquitania | |||||||
| |||||||
Combatentes | |||||||
Francos | Visigodos | ||||||
Comandantes | |||||||
Clodoveo I | Alarico II |
Historia
editarNa primavera de 507, o exército franco cruzou o río Loira en dirección a Poitiers, so o comando de Clovis e do seu fillo máis vello Teodorico. O exército visigodo marcha para norte para lles cortar o camiño coa esperanza de que os ostrogodos os apoien: a batalla ten lugar na chaira de Vouillé, preto de Poitiers.
Ten inicio unha espantosa loita corpo a corpo, até que o rei visigodo Alarico II é morto por Clovis. Tal como na batalla de Tolbiac contra os Alamanos, a morte do rei dita a desbandada dos visigodos que acaban masacrados polos francos.
Esta vitoria abre a Clovis o camiño do sur: conquista Tolosa, antiga capital dos visigodos, Narbona, a Aquitania, a Gascuña, o Languedoc e o Lemosín.
Consecuencias
editarA derrota supuxo a fin do Reino visigodo de Tolosa e a súa expulsión case total da Galia, agás a Septimania ou Narbonense, e o repartimento do resto do territorio entre Clodoveo e os seus aliados burgundios.
Se non desapareceron os visigodos, foi polo apoio do ostrogodo Teodorico, o Grande, que quería salvar o resto das posesións visigodas en Hispania, o que se denominou como Reino visigodo de Toledo, para o seu neto, o fillo de Alarico II, chamado Amalarico.[1]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mitre Fernández, Emilio; García Moreno, Luis A.; Ladero Quesada, Miguel Ángel; González Crespo, Esther; Sarasa Sánchez, Esteban; Beltrán Torreira, Federico (1994). Manual de Historia Universal 3. La alta Edad Media (en castelán). Madrid: Historia 16. ISBN 84-7679-273-5.
Notas
editar- ↑ Mitre et alii (1984), p. 34
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |